Vic Chesnutt
Ás veces o azar confabulase para provocar reflexións sobre certas cousas. Hoxe recibín dúas mensaxes case simultáneas, a primeira é unha suxestión musical, o 25 de decembro do 2009 o músico Vic Chesnutt inxeriu unha dose letal de miorrelaxantes, dende os 18 anos e como consecuencia dun accidente de tráfico padecía unha parálise parcial que lle impedía a mobilidade das extremidades inferiores. A segunda promocionaba o blogue de Aquilino González (Quili) Vocal de Barreiras Arquitectónicas da asociación AUXILIA-LUGO, que creou un espazo para facer un repaso moi persoal de Lugo visto sobre rodas. Aí quedan.
mércores 20 xaneiro 2010
En Música | Sen comentarios | Permalink
Enviar un comentario
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS