Unite Opera

Quen siga o blog saberá que son "Operadicto", de cantos navegadores teño testeado ningún se asemella nin de lonxe ao Opera, recoñezo que me costou deixar Firefox, débollo ao meu colega Antonio, fidelizado dende hai anos, que xa está no tramo de ser rabudo esixíndolle maiores prestacións fundamentalmente relacionadas coa xestión do correo, aí si que eu sigo pillado ao thunderbird. Pero ao que ía, a última sorpresa é Unite Opera unha suite que permite converter o noso ordenador nun servidor coa potencia que nos brinde o noso proveedor de internet, con un sinxelo procedemento e a golpe de  click poderemos  compartir documentos, música, fotos, chat... cos/coas amigos/as, ou acceder remotamente ao ordenador do traballo sen saír do navegador. Un paso mais para facer desaparecer a diferenza entre cliente e servidor que seguramente comportará un exhaustivo traballo dos programadores para insistir na mellora da privacidade e seguridade que leva implícito o compartir en rede, pero para min é mais que suficiente esta versión beta, estou absolutamente alucinado.
Descargar Unite Opera   

luns 29 xuño 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado