Giuseppe Muscio
Non lembro se foi en "La tabla de Flandes" do inefable A.P. Reverte ou en "La tempestad" do impresentable J.M. de Prada, onde se facía unha aproximación aos pintores especializados na falsificación de obras de arte, unha complexísima labor que inclúe a obtención das cores a partires de tinturas da época, o estudio do estilo e movementos de pincel do autor, o envellecemento do lenzo, e outras moitas artimañas que dificultan a labor dos técnicos dedicados a acreditar a autenticidade das obras. Hoxe atopei a web de Giuseppe Muscio, un hiperrealista italiano que inclúe na súa produción artística a copia de clásicos como Velázquez, Tiziano ou Caravaggio. Un mestre plaxiador que roza a perfección.
Ver Galería
martes 26 xaneiro 2010
En Arte | 1 comentario | Permalink
Comentarios
Enviar un comentario
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS
Debo confesar que ese hiperrealismo centrado en bodegóns me parece pouco expresivo e incluso aburrido pero a imaxe que Seleccionache Paréceme brillante,cunha carga de sensibilidade e Tenrura increíble.Buff,gracias
enviado por Tasiña o 29 xaneiro 2010 ás 09:39 PM CET #