Conchita

Ten o seu aquel utilizar "Conchita" como nome artístico, para os profanos dos 40 principais sona mais a tonadillera de aldea ou a cupletista que a unha artista próxima ao "indi", onte volvendo dos viños recuncamos nun concerto na praia co escepticismo dos ilustrados na música, cousas que produce o alcohol, e alucinamos coa potencia do seu directo, unha voz aflautada que puxeron de moda Nena Daconte ou Bebe Pafuera e que resulta farto empalagosa como para soportar duas horas de espectáculo, pero aí estivemos, cautivados pola súa presencia no escenario e unha interpretación dunha calidade musical que desafortunadamente resulta cada vez mais inusual. Un pedazo de banda e unha artista escepcional que nos alegrou a noite. Unha sorpresa.

luns 02 agosto 2010

En Música | 4 Comentarios | Permalink




Comentarios

Teñoa escoitado nos 40 e me parece empalagosa pero pode ser certo que á luz da lúa,na praia e coa compañía adecuada teña a maxia que eu non lle consigo encontrar.Desfruta do verán.

enviado por Ramón o 02 agosto 2010 ás 01:00 PM CEST #

Graciñas Ramón, tentarie sacarlle partido ao estío.

enviado por orso o 03 agosto 2010 ás 12:41 AM CEST #

y con dos vinos tal vez'

enviado por mages o 11 agosto 2010 ás 12:51 PM CEST #

Yes it is. Pero insisto, o directo é sensacional, uns días antes mister Mark Knopfler deixou unha lamentable imaxe no Sar, un deus vido a menos. Cousas da música.

enviado por orso o 11 agosto 2010 ás 03:38 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado