Beth Moon
Hai oito anos destináronme no meu traballo a Córneas, unha vila do concello do Cádavo agochada entre montañas e con difícil acceso, o traxecto entre carballos e castiros é dunha beleza ancestral que relaxa en cada quilómetro, no cemiterio hai un teixo vello, unha colosal árbore que chama ao abrazo, unha vida resistente no campo santo que terma das ánimas dende hai centos de anos, e que tal vez se nutre delas. Cando atopei o traballo de Beth Moom as súas imaxes en branco e negro de árbores anciáns fixéronme lembralo. Un punto panteísta.
luns 23 xuño 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Enviar un comentario
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS