Avatar
Non puiden quedarme sen ir ver "Avatar", unha película que rompeu todas as espectativas de taquilla superando o millón de espectadores nos primeiros 3 días de proxección en cada un dos países nos que foi estreada, seguro que nin o mesmo Cameron, que levaba traballando nela preto de 15 anos, creeu na rotundidade do seu éxito. Unha historia belicista con mensaxe ecolóxica, mistura do "Señor dos aneis", "Matrix" e "Allien" incrementadas nunha dimensión que resulta sorprendentemente divertida a pesares das 2,5 horas de metraxe. Non creo que chegue a constituir un hito do cine, agás pola potencia do 3D, pero hai que ir vela.
xoves 04 febreiro 2010
En Cine | 4 Comentarios | Permalink
Comentarios
Enviar un comentario
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS
Non sei qué opinarás...
http://bendiaz.blogs-r.com/weblog/ver-post/avatar_ou_o_perfecto_remix
enviado por Ben Díaz o 04 febreiro 2010 ás 06:07 PM CET
Sitio web:: http://bendiaz.blogs-r.com #
ao final tamén caíches...
En canto aos referentes fílmicos do film quero dicir a min pareceme un pouco de "sobrado" homenaxearse a un mesmo (aliens)
enviado por W. Sobchak o 04 febreiro 2010 ás 06:46 PM CET
Sitio web:: http://cccp.blogaliza.org #
Ben, xúroche que non tiña lído o teu post, fantástico, fas unha disección da película como para mandarlla a James Cameron.
Con moitísimo menos coñecemento, opino exactamente o mesmo que ti.
Sobchack, xa ves :) non fuche suficientemente demoledor na túa crítica e finalmente sucumbín. Tes razón que ten un punto onanista o referente "Alien" pero... quen non se daría unha homenaxe con Sigourney Weaver?
enviado por orso o 04 febreiro 2010 ás 07:44 PM CET #
Nunca se fala o suficiente dunha película así! Saudiños; un blog traballadísimo
enviado por Ben Díaz o 04 febreiro 2010 ás 07:58 PM CET
Sitio web:: http://bendiaz.blogs-r.com #