Alaska

Nun veran hai sete anos trouxéronnos a casa unha boliña branca pequena con ollos de auga, unha gata preciosa que indultaron por eses falsos azares que provoca a fermosura,  viviu con nós con esa particular forma de entender o cariño que posúen os gatos, sen compromisos, cunha independencia arrogante que ás veces resultaba indignante polo xeito co que controlaba os afectos, ata que chegou a facernos dependentes dos seus caprichos. Durmía na cama do meu fillo Alejandro, o lugar que elexiu para vir morrer, posiblemente buscando o acougo que lle proporcionaban os seus brazos, un xesto bellísimo o buscar arroupamento xunto ao seu compañeiro no derradeiro fío de vida. Dende onte a nosa casa encheuse de tristura, unha fondísima dor que nos mantén en silencio, un exercicio durísimo para os meus fillos que tiveron onte o seu primeiro contacto coa morte, unha última emoción poderosa, como todas aquelas coas que nos obsequiou Alaska.  

martes 11 agosto 2009

En Xeral | 2 Comentarios | Permalink




Comentarios

apertas potentes para os dous Alejandros.. unha fermosa gata e unha fermosa historia quedadevos con iso..animo

enviado por fuji o 13 agosto 2009 ás 03:59 PM CEST #

:_) ánimo

enviado por fasedoira o 22 agosto 2009 ás 10:26 PM CEST
Sitio web:: http://www.fasedoira.blogspot.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado