A importancia das cousas

Rematei o verán con "La importancia de las cosas", o último libro de Marta Rivera de la Cruz. Debo estar facéndome velliño porque cada día que pasa sucumbo con mais facilidade á sensiblería, esta muller escribe cun estilo prehistórico, sen pretensións literarias progresistas, nin experimentos de taller de escritura creativa, é unha "contacontos" in senso estricto. Xa lle lera "En tiempo de prodigios" unha novela, algo mais elaborada, pola que quedou finalista do Premio Planeta no 2006, e que tamén me conmoveu, xa digo, algo terá que ver a idade. Mañá mesmo levolla a miña nai, estou seguro de que chorará, por ese sentimento patriótico que lle xurde espontaneamente cando alguén de Lugo "triunfa" e, claro, pola historia de amor de Mario e Beatriz.

venres 04 setembro 2009

En Literatura | 2 Comentarios | Permalink




Comentarios

jajja parece que este verán escollemos os mesmos libros para ler, ese é xusto o que estou lendo... así que non sei se ler o post para non animarme ou desanimarme... eu recoméndoche (se non o liches) Resistencia de Rosa Aneiros que foi o anterior afortunado ;)

enviado por Cris o 07 setembro 2009 ás 12:46 PM CEST
Sitio web:: http://www.hagocosas.blogspot.com #

Tomo nota da tua recomendación. Non lle lein nada a Rosa Aneiros. Graciñas Cris.

enviado por orso o 07 setembro 2009 ás 05:16 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado