Ágora

Veño de ver "ágora", o último experimento de Amenábar, un neno prodixio do cine español ao que se lle perdoa todo, aínda que algunha das súas películas sexan susceptibles da crítica mais demoledora, nesta ocasión rescata da memoria unha historia extraordinaria que mantén a súa vixencia reivindicativa dende unha perspectiva feminista, a figura de Hipatia consegue darlle consistencia a un guión escasísimo, e gracias ao arroupamento interpretativo de Rachel Weisz que está que se sae. Polo demais o dispendio orzamentario non se corresponde cos resultados, non me extrañaría que lle volveran a mercar os dereitos para facer un remake "hollywoodense" como lle pasara con "abre los ojos". Os primeiros 30 minutos chegan a ser zafios, as batallitas son pouco creíbles e cargantes, e os "magníficos" decorados parecen mercados nos chinos. Quédome coa simboloxía do cine intimista, algúns fragmentos son tremendamente emotivos, pero misturados coa pretenciosa macroproducción quedan absolutamente difuminados, penso que esta bella historia podería ternola narrada dun xeito moito mais brillante.

luns 02 novembro 2009

En Cine | 1 comentario | Permalink




Comentarios

Pero veamos...Estaba en cartelera "El secreto de sus ojos". Nadie te la recomendó? Mira en "asuntos pendientes" tal vez dormite por ahi la sugerencia.

enviado por mages o 02 novembro 2009 ás 11:08 PM CET #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado