Break the habit


Controvertida campaña australiana para previr a obesidade infantil. Ademais do vídeo presentaron unha páxina na rede social Facebook onde informan sobre a necesidade de intervención sobre un problema que está a afectar a un de cada catro nenos e nenas no mundo. A dureza do spot é incuestionable.

luns 04 outubro 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Escadas

Bestial spot da asociación alemana BFF contra a violencia doméstica, todos/as os/as que participaron na elaboracion do vídeoclip fixerono de xeito desinteresado e a música foi composta especialmente para a filmación. "Miles de mulleres caen a diario polas escadas"

venres 10 setembro 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Howtopedia

Howtopedia é unha interesante páxina de intelixencia colectiva para aproximar a tecnoloxía á xente. Perfecta.

xoves 19 agosto 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Selinha


Vídeo da Fundación Topsy para a axuda ás/aos enfermas/os da SIDA. A secuencia reflicte o deterioro de Selinha, unha muller coa síndrome de inmunodeficiencia que se prestou para ser filmada durante 90 días e observar os demoledores efectos da enfermidade. Unha chamada de atención respecto a necesidade de dispor de tratamentos antiretrovirais nos países subdesenvolvidos, lembrar que, por exemplo, Magic Johnson é portador da VIH dende o ano 1991. 

martes 15 xuño 2010

En Solidariedade | 1 comentario | Permalink

58


58 son os países que fallan para abolir a pena de morte

xoves 10 xuño 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Let´s Colour


Let´s colour é un proxecto internacional para mudar o gris das nosas vidas substituíndoo por cores. Unha metáfora de cambio na que participan activamente os habitantes de cada unha das cidades que son remozadas. O vídeo é excepcional, como unha inxección de optimismo.

sabado 05 xuño 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Violencia de xénero


Lutte contre les violences faites aux femmes
O colectivo "Violencesfaitesauxfemmes" está a desenvolver unha campaña contra a desensibilización cidadá respecto aos malos tratos, unha habituación ao sufrimento das persoas que viven preto de nós que semella facernos complices silenciosos das agresións.

mércores 21 abril 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Haiti


Excepcional vídeo reportaxe de Khalid Mohtaseb sobre o devastador terremoto que asolou Haiti. Unha perspectiva periodística da tristura e a desolación do pobo haitiano belísima. Ver tamén Egypt / Lebanon

domingo 07 marzo 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Rise above plastics


Vídeo da "Surfrider Foundation" que orientaron a súa última campaña "Rise above plastics" á denuncia da produción incontrolada de plásticos e á sensibilización respecto ó dano irreparable que esto lle fai ao planeta.  

luns 01 marzo 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

63 razóns

Bruno Ricardo adica un post en Tutor Art aos carteis de campañas orientadas a disuadirnos do consumo de tabaco, algúns son brillantes. 63 razóns para deixar de fumar.

xoves 11 febreiro 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Broken Teens

Volvo a ter dúbidas, pero penso que era Aristóteles quen opinaba que a inxesta de bebidas alcohólicas debería estar restrinxida aos maiores de 21 anos, a mín, que teño querencia ao viño dende moi novo, costoume moito entender esta elucubración. Aceptando a perniciosidade dos destilados, descoñecidos para o filósofo porque non apareceron ata a Idade Media, os fermentados de baixa gradación non me parecía que poideran causar problemas físicos graves en homes ou mulleres de 18 anos, pero a realidade é outra, os novos hábitos de consumo, con inxestas ocasionais desmesuradas, están a facer estragos entre os xoves de entre 18 e 21 anos. MADD, atendendo aos destrozos cerebrais ocasionados pola "priva", está a desenvolver unha polémica campaña ("Broken Teens") en New México para promover a promulgación dunha lei que prohiba o consumo de bebidas alchólicas aos menores de 21. Sería tan listo o Aristóteles?

xoves 28 xaneiro 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Two Hands

American Heart AssociationA American Heart Association desenvolveu unha brillantísima campaña para concienciar respecto da posibilidade de salvar vidas, no caso de producirse un infarto, aplicando unha sinxela técnica de masaxe cardíaco. Premer sobre a imaxe. 

sabado 23 xaneiro 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

AIDES


Campaña da asociación francesa AIDES dedicada á loita contra a SIDA. O contido do vídeo foi catalogado como potencialmente inaxeitado pola comunidade de usuarios de Youtube. Non comparto para nada esta apreciación, que me parece unha censura moxigata innecesaria, pero si alguén se sinte incómodo coa pintada dun pene ou dunha vaxina que non lle dea ao "play".

venres 22 xaneiro 2010

En Solidariedade | 1 comentario | Permalink

Bullying


A maior dificultade para tratar o acoso atópase no silencio das vítimas e de quen o observa, a posibilidade de manifestar a existencia dun problema pasa, entre outras cousas, pola sensibilización respecto da brutalidade que leva implícita esta falla de comunicación. A asociación Cybermentors está a desenvolver esta impactante campaña contra o bullying.    

luns 18 xaneiro 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Lurie awards

Na edición de 2009 dos premios "Ranan Lurie" , aos carteis que mellor reflicten o espíritu e os principios da ONU, resultou gañador o traballo de Robert Ariail, imaxe que posteo aproveitando para lembrar que mañá hai concentración extraordinaria da masa crítica de Lugo as 20,15 diante do concello, pero eu sigo sentindo debilidade pola obra de Agim Sulaj, o seu poster é maxistral.

   

domingo 27 decembro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Comer


Hai unhas semanas cheogume un email que informaba dos segredos dos códigos que veñen impresos nos ovos, observando a primeira cifra podemos coñecer as características das explotacións de procedencia, algo que eu descoñecía, pero esta cegueira non é inocua, primeiro pola dramática situación na que son criados os animais e segundo polas merdas "químicas" coas que son cebados que repercuten directamente na nosa alimentación. Hoxe atopei este vídeo de Kris Hofman para a German Animal Rights Organisation no que nos vai contando de un xeito moi creativo as consecuencias da producción intensiva na industria alimentaria. 

mércores 09 decembro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Plane stupid


Dura campaña de "Plane stupid" para sensibilizarnos respecto ao impacto medioambiental que producen os voos curtos. Utilizan osos polares pola significación que posúen como vítimas dos efectos do cambio climático para simbolizar os 400 Kg (peso dun macho adulto) de media de emisión de gases contaminantes emitidos en cada un dos voos.

mércores 02 decembro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Fuck you SIDA

1 de decembro día mundial da loita contra a SIDA.
En España cada día 8 persoas son infectadas. O 40% delas descubre a enfermidade moi tarde.
 

martes 01 decembro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Waterlife

Waterlife é un extraordinario documento multimedia de reivindicación do noso planeta, unha producción da National Film Board do Canada con música de Brian Eno.

luns 05 outubro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Blood Lamp

O deseñador Mike Thomson creou esta lámpada que funciona co sangue, unha curiosa forma de sensibilizar respecto á utilización incontrolada de enerxía eléctrica. Un simpre movemento dun interruptor nos inhibe de pensar cal é a orixe e o coste medioambiental que implica o noso consumo.

Blood Lamp from miket on Vimeo.

domingo 04 outubro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Miracle


Campaña Peruana para concienciar no respecto aos espazos reservados para discapacitad@s. Sinxela.

martes 15 setembro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Vida de cáns


"O problema non é que os animais vivan como a xente. Mais ben é que a xente viva como os animais". 
AI

sabado 29 agosto 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Lembras?


Excelente campaña de AFAL baseada na producción de empatía coa pretensión de transmtir á xente unha parte das sensacións que acontecen no cerebro dos enfermos de A. En maio posteaba dúas curtas nesa líña. 

venres 21 agosto 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Ciberbullying


Campaña da comisión europea para a sensibilización respecto da "ciberintimidación". Promocionando a web thinkuknown adicada á información e á denuncia de contidos da rede onde se están a vulnerar os dereitos dos/as mais novos/as. Unha nova forma de agresión á que non resulta doado dar unha resposta efectiva, calquera información persoal pode ser copiada e deformada producindo un grave impacto psicolóxico na vítima.

domingo 16 agosto 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Trafficking


"Goodnight, Travel well" é un vídeo clip da asociación EXIT (End Explotation And Trafficking) correspondente a unha campaña de denuncia  e sensibilización respecto ao comercio de seres humanos. En Europa trafícase anualmente cunhas 200.000 persoas, a maioría mulleres, e no mundo a ONU sitúa a cifra entre os 2 e os 4 millóns de vítimas, converténdose nunha das actividades criminais mais rendables despois das drogas e as armas. O lema: "Algunhas cousas costan mais do que imaxinas".  
O traballo foi realizado pola compañía australiana Colman Rasic Carrasco e a banda sonora, para o meu gusto excepcional, é de The Killers 

mércores 15 xullo 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Animals awake


Durísima campaña holandesa para sensibilizarnos respecto ao sufrimento dos peixes, aos que de xeito habitual sonlles extraídas as visceras mentres permanecen vivos, parece que existen investigacións que demostran que poden sentir a dór e mesmo angustia mentras non morren. Descoñezo a fiabilidade de esta información pero visitando a páxina remóvenseche as tripas.  

martes 30 xuño 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Bad Night


Maxistral Alex de la Iglesia, un simulacro de trailer de película de terror convertido nunha campaña contra a drogadicción. Bad Night.

mércores 10 xuño 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Explotación infantil


ECPAT : Luttons contre la cyber pornographie enfantine
A organización ECPAT denuncia a responsabilidade dos últimos "consumidores" de pornografía infantil na explotación sexual dos menores con dous vídeos impactantes.

sabado 09 maio 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Palestine´s Islands

Mapa  imaxinado por Julien Bousac a partir da documetación recollida pola Oficiña de coordinación para asuntos humanitarios nos territorios palestinos ocupados. Todas as zonas de "Cisjordania" nas máns de Israel foron transformadas en mar.
Ver  post

martes 21 abril 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

No surrender

Campaña de Médicos sen Fronteiras - Italia. O lema: "Nos non podemos axitar a bandeira branca, tamén é necesaria".
Medici Senza Frontiere. We never surrender.

luns 20 abril 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink