Jakob Dylan

Jakob Dylan é o fillo mais novo de Bob Dylan, ademais de formar parte da banda "The Wallflowers", fai algunhas cousas por libre moi interesantes. Seguro que haberá algún xen responsable de manter o talento. Proposta acústica para a fin de semana.

sabado 30 xaneiro 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Broken Teens

Volvo a ter dúbidas, pero penso que era Aristóteles quen opinaba que a inxesta de bebidas alcohólicas debería estar restrinxida aos maiores de 21 anos, a mín, que teño querencia ao viño dende moi novo, costoume moito entender esta elucubración. Aceptando a perniciosidade dos destilados, descoñecidos para o filósofo porque non apareceron ata a Idade Media, os fermentados de baixa gradación non me parecía que poideran causar problemas físicos graves en homes ou mulleres de 18 anos, pero a realidade é outra, os novos hábitos de consumo, con inxestas ocasionais desmesuradas, están a facer estragos entre os xoves de entre 18 e 21 anos. MADD, atendendo aos destrozos cerebrais ocasionados pola "priva", está a desenvolver unha polémica campaña ("Broken Teens") en New México para promover a promulgación dunha lei que prohiba o consumo de bebidas alchólicas aos menores de 21. Sería tan listo o Aristóteles?

xoves 28 xaneiro 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Giuseppe Muscio

Non lembro se foi en "La tabla de Flandes" do inefable A.P. Reverte ou en "La tempestad" do impresentable J.M. de Prada, onde se facía unha aproximación aos pintores especializados na falsificación de obras de arte, unha complexísima labor que inclúe a obtención das cores a partires de tinturas da época, o estudio do estilo e movementos de pincel do autor, o envellecemento do lenzo, e outras moitas artimañas que dificultan a labor dos técnicos dedicados a acreditar a autenticidade das obras. Hoxe atopei a web de Giuseppe Muscio, un hiperrealista italiano que inclúe na súa produción artística a copia de clásicos como Velázquez, Tiziano ou Caravaggio. Un mestre plaxiador que roza a perfección.
Ver Galería

martes 26 xaneiro 2010

En Arte | 1 comentario | Permalink

O home inquedo

Parece que Henning Mankell decidiu poñerlle fin á serie do inspector Kurt Wallander con "El hombre inquieto", outra excelente novela de este mago da literatura que produce a unha velocidade incrible e cunha calidade excepcional. Convertido en avó a punto de xubilarse e cos primeiros síntomas do Alzheimer, Wallander vése implicado nunha trama de espionaxe que afecta á familia política, unha investigación que entrelaza coas vicisitudes da súa incipiente vida de anciano. Recomendable.
Book Trailer 

domingo 24 xaneiro 2010

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Two Hands

American Heart AssociationA American Heart Association desenvolveu unha brillantísima campaña para concienciar respecto da posibilidade de salvar vidas, no caso de producirse un infarto, aplicando unha sinxela técnica de masaxe cardíaco. Premer sobre a imaxe. 

sabado 23 xaneiro 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

AIDES


Campaña da asociación francesa AIDES dedicada á loita contra a SIDA. O contido do vídeo foi catalogado como potencialmente inaxeitado pola comunidade de usuarios de Youtube. Non comparto para nada esta apreciación, que me parece unha censura moxigata innecesaria, pero si alguén se sinte incómodo coa pintada dun pene ou dunha vaxina que non lle dea ao "play".

venres 22 xaneiro 2010

En Solidariedade | 1 comentario | Permalink

Vic Chesnutt


Ás veces o azar confabulase para provocar reflexións sobre certas cousas. Hoxe recibín dúas mensaxes case simultáneas, a primeira é unha suxestión musical, o 25 de decembro do 2009  o músico Vic Chesnutt inxeriu unha dose letal de miorrelaxantes, dende os 18 anos e como consecuencia dun accidente de tráfico padecía unha parálise parcial que lle impedía a mobilidade das extremidades inferiores. A segunda promocionaba o blogue de Aquilino González (Quili) Vocal de Barreiras Arquitectónicas da asociación AUXILIA-LUGO, que creou un espazo para facer un repaso moi persoal de Lugo visto sobre rodas. Aí quedan.   

mércores 20 xaneiro 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Bullying


A maior dificultade para tratar o acoso atópase no silencio das vítimas e de quen o observa, a posibilidade de manifestar a existencia dun problema pasa, entre outras cousas, pola sensibilización respecto da brutalidade que leva implícita esta falla de comunicación. A asociación Cybermentors está a desenvolver esta impactante campaña contra o bullying.    

luns 18 xaneiro 2010

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Cal Lane

Ocúrreseme que alguén de Camariñas debeu chegar ao Canadá para explicar os xens de Cal Lane, unha escultora que fai encaixe de bolillos con materiais imposibles. A idea é xogar cos contrastes, entre o industrial e o doméstico, o masculino e o feminino, o funcional e o ornamental. Incrible.
Ver Galería 

domingo 17 xaneiro 2010

En Arte | 1 comentario | Permalink

Elliott Murphy

Creo que foi o xoves pasado cando me quedei a escoitar a Elliot Murphy nos Concertos de Radio 3, unha lenda de 60 anos herdeiro do estilo "Velvet Underground" que segue a dar guerra polos escenarios, busquei na mediateca de TVE para postear "Green River" e "Sonny", dous temas en directo memorables para os devotos da acústica, pero aparecen misturados con Pablo Dacal, Emma The Great e Alado Sincera, media hora excesivamente ecléctica, deixovos o enlace coa recomendación de saltar ao minuto 9.20 e desfrutar como ananos ata o 23.00, alucinante.

Para quen non teña paciencia queda este aperitivo "You never know what you're in for".

sabado 16 xaneiro 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

George Underwood

George Underwood é un polifacético artista británico que fixo os seus escarceos na música da man de David Bowie para finalmente adicarse ao deseño gráfico e converterse nun dos ilustradores contemporáneos mais prestixiosos do mundo. Deste home saíron portadas de libros, carátulas de CDs... absolutamente memorables, a súa páxina merece unha visita. 

sabado 16 xaneiro 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Túa

As micronovelas teñen un encanto especial, parecen deseñadas para encher eses espazos baleiros de emocións que se producen nas salas de espera, nas viaxes cegas, ou en calquera outra situación de efímero silencio neuronal, "Tuya" é unha simpática noveliña policíaca da escritora arxentina Claudia Piñeiro, un enredo recomendable para o bolso de mulleres e homes viaxeir@s ou enferm@s.    

mércores 13 xaneiro 2010

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Yukin Teruya

Yukin Teruya é outro virtuoso do origami, utilizando rollos de papel hixiénico, periódicos, billetes, etc. realiza cortes sobre a superficie cunha precisión milimética ata conseguir delicadísimas esculturas. 

martes 12 xaneiro 2010

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Castegalenglish

xoves 07 xaneiro 2010

En Educación | 3 Comentarios | Permalink

A princesa de xeo

Volve a mula ao trigo, despois da sobredose de novela negra sueca que me embutín no 2009 sufrín unha agradable recaída con "La princesa de hielo", primeiro libro de Camilla Lackberg que foi escrito no ano 2004 e que posúe unha calidade mais que aceptable para ser desas autoras que as editoriais fixeron adlateres ao bombazo que supuxo a triloxía de Stieg Larsson, esa proliferación micolóxica da literatura escandinava trae com consecuencia que traguemos con obras infumables pero tamén nos descubren talentos como o desta xove de 33 anos que é capaz de cautivar dende a primeira páxina, veremos que nos deparan os seguintes títulos pero esta muller promete entretemento. Se aínda non tedes regalo...

domingo 03 xaneiro 2010

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Ernest Ranglin


Unha pequena delicatessen musical para comezar o ano Ernest Ranglin, guitarrista xamaicano de 77 anos considerado o precursor do "Ska", un músico que se move entre o Jazz e o Reggae e que fai cousas tan brillantes como este "Surfin". Unha suxestión do meu amigo Xavier Rancaño que me regalou "Ernest Ranglin Quintet - Live in Paris 2002" unha xoia de obrigada inclusión na discoteca básica de calquera melómano.

domingo 03 xaneiro 2010

En Música | Sen comentarios | Permalink

Pareidolia

Algúns obxectos posúen unha morfoloxía case humana, en "wokomon" utilizaron como reto este peculiar fenómeno psicolóxico para que os "especialistas" nesta percepción pareidólica se lucisen aportando as imaxes de edificios que lles miran, caixas que lles sorrín...
Hainas simpáticas:  1 / 2      

venres 01 xaneiro 2010

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Don´t worry


O pasado ano deixaba o inigualabel "Stand by me" do proxecto "Playing For Change" para festexar o Nadal e mais o Aninovo, resulta moito mais complicado do que parece atopar un tema que reflicta os sentimentos e afectos que vos desexo a tod@s @s que pasades polo blog. Ocurra o que ocurra no 2010 "Don´t worry" sede felices.  

martes 29 decembro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Mmmm

Atopei esta suxestiva serie de fotografías de beizos ilustrados na páxina de Muka!!, a súa autora, Marta Mesa, creou unha poesía visual que dice así: "O meu mundo vira ao redor dos teus beizos, xa non durmo sen eles non me arroupan, tampouco subo ás alturas, nin descendo polo tobogán da túa sorpresa. Bícame coa túa boca de sirena, para que poida seguir sendo a túa presa".
Unha mestura de sensualidade e "naif" chulísima. 

luns 28 decembro 2009

En Arte | 2 Comentarios | Permalink

Lurie awards

Na edición de 2009 dos premios "Ranan Lurie" , aos carteis que mellor reflicten o espíritu e os principios da ONU, resultou gañador o traballo de Robert Ariail, imaxe que posteo aproveitando para lembrar que mañá hai concentración extraordinaria da masa crítica de Lugo as 20,15 diante do concello, pero eu sigo sentindo debilidade pola obra de Agim Sulaj, o seu poster é maxistral.

   

domingo 27 decembro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Alma

Opera prima de Rodrigo Blaas, un granadino que se atopa na élite do cine de animación, na actualidade traballa para Pixar onde colaborou en películas como "Up", "Buscando a Nemo", "Os Increíbles", "Wall-e"...
"Alma" é unha curta que vai acumulando premios en cada un dos festivais onde se presenta, o autor decidiu promocionala na rede permitindo a súa visualización completa ata o remate das festas do Nadal. Un bo regalo.

Ver en HD

sabado 26 decembro 2009

En Cine | 1 comentario | Permalink

O circo da bolboreta


Curta de Eduardo Verástegui gañadora do concurso "The Door post" no 2009. Un tipo que, aínda que non me produce ningunha simpatía persoal, non fixo un mal traballo.
2ª parte

mércores 23 decembro 2009

En Cine | Sen comentarios | Permalink

A muller xusta

Levo remexendo neste libriño dende hai case un mes, é unha desas obras que agochan detrás de cada parágrafo unha morea de información que che obriga a ir dixerindoa pouquiño a pouco. Escrito cunha simplicidade insultante, sen alardes narrativos e cun vocabulario asequible, vai construíndo a través da percepeción de cada un dos tres persoaxes protagonistas unha historia de amor e paixon que se aproxima mais ao ensaio que á novela. Hai autores que chegas a odiar por irrebatibles, xente que desgrana cada un dos seus argumentos coa precisión dun ciruxán sen deixar espazo para a crítica, tipos demoledores co pensamento que che fan sentir como un imbécil porque xamais chegarás a sentir como eles sinten.
Sándor Márai quitouse a vida en 1989, é posible que de tanto furgar nos sentimentos atopara a insoportable levedade do ser.
Autor de lectura obrigada.

luns 21 decembro 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Boo Ritson

Boo Ritson é unha artista británica que realiza estas curiosas "performances" que pretenden recompoñer a realidade a través da pintura, escolle como lienzos a persoas e obxectos para imprimirlles a particular textura da arte e despois fotografialos. Singular.

domingo 20 decembro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Malditos bastardos

Malditos bastardos é outra maxistral película de Quentin Tarantino, feita coa sobredose de violencia á que nos ten afeitos e ese punto acrata na elección da banda sonora que crea sorpresivas disonancias entre as imaxes e as melodías. Un divertidísimo cómic sobre un ecléctico grupo de resistencia na Francia ocupada polos Nazis. Moi recomendable.

sabado 19 decembro 2009

En Cine | Sen comentarios | Permalink

The nada

Hai uns días descubrín a Kevin Johansen, escoiteille unha cumbia desas que son capaces de incitar ao baile ata aos mais estáticos, un tipo de curioso mestizaxe nado en Alaska e criado en Arxentina e que desenvolve unha música de ritmos latinos, cumbias, milongas, son cubano, con un toque de distinción canalla que a mín me fascinou.  "The Nada" e simultanemente o nome do seu grupo e o título do primeiro CD da banda, excelente traballo que xa deixei incluído no listado mestizo do Spotify. Un toque rumbero para espabilar o frío da fin de semana. 

venres 18 decembro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Ilusións ópticas VIII


As imaxes non son mais que falacias perceptivas que posúen un significado estético, aínda que nos empeñemos en convertilas en verdades incuestionables, pero o movimento combinado co contexto produce distorsións perceptivas igualmente engañosas ergo a realidade non existe.

xoves 17 decembro 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Shadow Art

Non sei quen foi o precursor en construir arte coas sombras, seguramente algún platónico.
 
Kumi Yamashita

Larry Kagan 

Tim Noble e Sue Webster

mércores 16 decembro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Kindle


Vaime costar traballo mudar o formato "libro", de feito estou convencido de que non será posible substituir o papel pola virtualidade electrónica para recoller as palabras, Saramago dí algo parecido a que a escritura posue unha intemporalidade que fará dos libros obxectos eternos, son invulnerables á manipulación, e a sensualidade da súa textura é irrpetibel,  pero as novas tecnoloxías abren vías insospeitadas para o acceso á cultura. Un exemplo: Kindle Amazon

luns 14 decembro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Dereitos Humanos

A Declaración Dos Dereitos Humanos 
Para ser “Distribuido, exposto, lído e comentado nas escolas e noutros centros de ensino"

domingo 13 decembro 2009

En Educación | Sen comentarios | Permalink