Anni b sweet

Onte, inesperadamente, rematei a noite no concerto de Anni B Sweet, unha malagueña que se colou pola porta grande no Indie  e que eu xa tiña no xoieiro de Spotify, pero que me volveu a sorprender pola calidade e a potencia do seu directo, cunha banda excepcional, regalounos unha gozada de miniconcerto ás 40 persoas que "abarrotabamos" o local, unha preciosa sorpresa esta paradiña técnica en Lugo de camiño á Coruña onde ten previsto actuar esta noite. Dentro duns anos estou seguro de que lembraremos con incredulidade a visita dunha estrela.

sabado 31 outubro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Fly banner

Algúns creativos son xeniais, por exemplo os da axencia alemana Jung von Matt ,que na feira do libro de Frankfurt utilizaron moscas para promocionar o stand de Eichborn. Hai que velo.

xoves 29 outubro 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Dionne Bromfield

Esta mañá vin na prensa unha foto de Amy Winehouse acompañando a unha rapaciña de 13 anos que parece que está sendo tutelada musicalmente pola diva, trátase de Dionne Bromfield, outra portentosa voz que dará moitísimo que falar. Talento en estado puro. Aínda que a foto produce un pouco de congoxa, non?

mércores 28 outubro 2009

En Música | 2 Comentarios | Permalink

La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey

Rematei este libriño facendo un esforzo encomiable, de feito tiven que ir simultaneando a súa lectura cos "Cuentos completos de Oscar Wilde" para ir dixerindo pouco a pouco ista obra menor, que ten como novidade o estar escrita de xeito epistolar, pero que chega a resultar cargante polo reiterativo do seu argumento. Trátase dunha aproximación histórica á ocupación nazi na illa de Guernsey describindo os avatares dos habitantes dunha aldea que sofren a súa particular opresión fascista, a idea e misturar a idiosicrasia do persoaxes con retazos do holocausto pero sen chegar a causar ningún atractivo na lectura. Quédome cunha frase: "O problema de ler bos libros é que che impíde disfrutar dos malos". Unha obra absolutamente prescindible.

martes 27 outubro 2009

En Literatura | 2 Comentarios | Permalink

Moon

Esta fin de semana, a suxestión de Aurora, vin Moon, ópera prima de Duncan Jones (fillo de David Bowie),que debuta cunha pequena xoia do cine de ficción premiada no festival de Sitges e que, pese á escasez orzamentaria, posúe unha extraordinaria potencia narrativa fundamentada na interpretación maxistral do actor Sam Rockwell e nun guión sinxelo pero impactante. A pesares de que non é o meu xénero favorito gustoume.

domingo 25 outubro 2009

En Cine | 1 comentario | Permalink

Publi +


Campaña da axencia alemana Kempertrautmann para unha canle erótica de TV con control de acceso infantil. Baseándose no test de Roscharch xoga coa percepción condicionada dos adultos. O lema "You´ll see it, your Kids won´t". Brillante.  

domingo 25 outubro 2009

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Velocidade lectora

A Consellería de Educación da Xunta de Extremadura colgou esta aplicación en rede para o entrenamento da velocidade lectora, os fundamentos teóricos nos que se substenta o modelo son un pouco inxenuos, primeiro a repetición como ferramenta para a adquisición dunha vagaxe de vocabulario que permeta utilizar unha vía semántica fronte a fonolóxica, e segundo o entrenamento dos movementos oculares implicados na lectura para realizar fixacións óptimas sobre o texto. Penso que o proceso lector é moitísimo mais complexo que todo isto, xa que afecta a patróns cognitivos de orden superior que están impricados no procesamento da información e que non son tan doados de manipular mediante estas técnicas de entrenamento, como tamén poño en dúbida os modelos empregados na escola para a adquisición das destrezas lectoras. En fin, non me vou meter en camisas de once varas, aí queda o programilla para @s que queiran intentar acelerarse.     

sabado 24 outubro 2009

En Educación | 1 comentario | Permalink

Ray LaMontagne

Ray LaMontagne outro músico de acústica a ter en conta. Un americano que pasou de facer zapatos a facer música por mor dunha metamorfose vocacional da que tiña renegado. Unha magoa ter desperdiciado tantos anos de arte pechado nunha fábrica. Eu aínda ando na procura das miñas aptitudes...pero nada.  

venres 23 outubro 2009

En Música | 1 comentario | Permalink

Gehard Demetz

Gehard Demetz é un artista italiano que esculpe en madeira, a súa obra podría enmarcarse no realismo, aínda que posúe unha carga simbólica que lles da a súas esculturas un aspecto de dureza e frialdade un pouco onírica. Pareceume xenial.
Ver Galería.
+ obras. 

mércores 21 outubro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

TIC

Envíame un compañeiro este enlace que pode ser de interese para os profesores/as que queiran facer algo máis no eido das TIC. A presentación é cutrísima pero algúns traballos poden resultar útiles. Aí queda.

mércores 21 outubro 2009

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Slumdog Millonaire

Na fin de semana vin "Slumdog Millonaire" tremendo peliculón de Danny Boyle, que xa me había epatado con "Trainspotting", Slumdog é unha película de contrastes da que non sabería que destacar, os actores, a fotografía, a dirección, o guión... son excepcionais. Unha obra de arte para a filmoteca básica. Imprescindible.

martes 20 outubro 2009

En Cine | 3 Comentarios | Permalink

Oliver Sacks


Hai anos estiven moi interesado na psiconeuroloxía daquela lin algúns libros de divulgación científica que, ademais de esclarecedores, resultaban tremendamente divertidos, lembro especialmente "Fantasmas en el cerebro" de Ramachandran e "El hombre que confundía a su mujer con un sombrero" de Oliver Sacks, unha eminencia da neuroloxía que ademais  posúe unha aptitude como comunicador envexable. Estes días, nos que alguns pantasmas están a rondar polo cerebro da miña nai, andiven revolvendo na procura de información sobre as alucinancións e atopei esta miniconferencia maxistral de Sacks, un antropólogo da neurociencia que reúne nas historias clínicas dos seus pacientes microrrelatos cargados de sentido do humor e intelixencia, aí queda.   

luns 19 outubro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

apnea


 Algunhas visitas ao blog son das vítimas provocadas polo enganoso do seu título, quen anda na procura de información sobre a práctica deste deporte e se atopa con este batiburrillo cultural ten que xurar en arameo, sinto moitísimo ter utilizado "apnea" como metáfora dos meus mergullos na rede, para resarcir á xente perdida deixo este vídeo de William Trubridge batindo o record do mundo na modalidade de peso constante sen aletas, baixou a unha profundidade de 88 metros en tres minutos e medio. Unha filmación extraordinaria, son 3 minutos de asfixia compartida.   

domingo 18 outubro 2009

En Xeral | 1 comentario | Permalink

Pingtest

Pingtest e Speedtest son un par de páxinas para testear a nosa conexión á rede, a primeira fai unha busca do servidor mais óptimo e unha vez detectado mide o ping ofrecendo unha estimación da calidade da nosa conexión, a segunda é unha proba de velocidade moi semellante á do velocímetro de R.

domingo 18 outubro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Florituras

Alejandro Portela é un xove vigués que está a converterse nun mago das florituras, o seu blog está referenciado na web mais significativa da cartomancia a nivel internacional. O vídeo é un pequeno titorial que explica como facer un corte falso no pocker. Para os que teñan valor de iniciarse na prestidixitación é imprescindible unha visita ao seu blog.

venres 16 outubro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Magnus Muhr

O fotógrafo sueco Magnus Muhr compón viñetas humorísticas utilizando insectos mortos...creatividade mosqueante. 

venres 16 outubro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Royal de Luxe


Co gallo do 20 aniversario da caída do muro de Berlín a compañía francesa Royal de Luxe desenvolveu un fabuloso espectáculo na rúa. Estas marionetas xigantes teñen o seu particular recuncho en Nantes, ver o post "les machines de l´ille".

mércores 14 outubro 2009

En Arte | 3 Comentarios | Permalink

Combo


Seguro que algúns lembrades Muto, unha curta de animación de Blu alucinante, deixobos este novo traballo de street art realizado en stop motion por el e David Ellis

martes 13 outubro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

M. Ward

Xa hai tempo que non deixo un punto de acústica no blog, aí queda un "coitus interruptus" de M. Ward, músico americano de difícil definición porque a súa obra abrangue blues, country... O son da súa guitarra pareceume digno de arquivar na miña discoteca básica de acústica.

luns 12 outubro 2009

En Música | Sen comentarios | Permalink

Moomeo

Hai millóns de usuari@s do correo web, infinidade de tip@s que derrochan creatividade en formato epistolar que se vai desvanecendo en cadeas de reenvíos ata morrer. Moomeo é unha aplicación gratuita en rede que permete converter o contido dos e-mails en contido web de xeito automático,  o procedemento é moi doado, enviando o correo que queres converter en páxina web á seguiente dirección: post@moomeo.com. Moomeo procesará a túa solicitude e en menos de 2 minutos, xa terás no teu correo o enlace da página web creada. Abracadabra.

domingo 11 outubro 2009

En Informática | Sen comentarios | Permalink

O lector

Bernhard Schlink é outra desas "rara avis" que posúen un mobiliario mental envexable, polo menos para os eclécticos coma min que padecemos algo semellante a unha "Síndrome de Diógenes Cerebral" no que a vasoira convive entre antigüidades clásicas e art decó de xeito que nos resulta compricado ofrecer, ou polo menos aparentar, unha liña coherente de pensamento cando nos da por falar de calquera cousa. Schlink consegue contar sinxelamente a complexidade das relacións humanas, "o lector" é unha preciosa historia de amor desenvolvida entre duas distancias, unha xeneracional e outra cultural, que se van disolvendo a través da lectura. Algunhas reflexións son poderosísimas: "...negar unha relación é unha maneira de socavala tan grave como outras formas de traizón mais espectaculares".
Libro moi recomendable. Queda pendente a película

sabado 10 outubro 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Gripe A


Hai cerca de 20 anos asistín a unha conferencia sobre a VIH impartida por un dos membros do equipo de Luc Montaigner, quedeime absolutamente abraiado coa capacidade didáctica do seu discurso, hai que ter en conta que estas leccións maxistrais teñen a dificultade engadida de vir impregnadas de tecnicismos propios da divulgación científica, o que fai mais meritoria se cabe a súa presentación. Uns anos despois, formando parte dun tribunal de oposicións, unha das opositoras despertoume do letargo que producían as letanías infumables dos seus compañeiros e cunha clarividencia envexable desmenuzou o seu tema cunha destreza de ciruxana incuestionable, hoxe envíanme este vídeo da Doutora en Saúde Pública Teresa Forcades outro exempro de crarividencia extrema á que hai que renderse sen remisión, coa igrexa topamos.

xoves 08 outubro 2009

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Olivia Arthur

Olivia Arthur é unha inglesa licenciada en matemáticas dedicada á fotografía documental. Os seus traballos: "The Middle distance", no que fai unha aproximación á muller vista dende a franxa das culturas oriental e occidental é "In the name of god"  un paseo pola casta dos Ramnamis, intocables expulsados dos templos hindús que decidiron tauarse no corpo e na faciana "Deus podería estar connosco tamén", son excepcionais.   

mércores 07 outubro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Slava´s Snowshow

Hoxe, que estou triste, dediqueime a buscar paiasos na rede, eses persoaxes que xogan coa esquizofrenia emocional engarzando a ledicia e a tristura cunha habilidade maxistral, que ademais resulta terapéutica porque é un remedio perfecto para restaurarte cando tas roto. Deixo un fragmento do Slava´s Snowshow considerada unha experiencia teatral única no mundo.

martes 06 outubro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Waterlife

Waterlife é un extraordinario documento multimedia de reivindicación do noso planeta, unha producción da National Film Board do Canada con música de Brian Eno.

luns 05 outubro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Chao Mercedes

domingo 04 outubro 2009

En Música | 3 Comentarios | Permalink

Blood Lamp

O deseñador Mike Thomson creou esta lámpada que funciona co sangue, unha curiosa forma de sensibilizar respecto á utilización incontrolada de enerxía eléctrica. Un simpre movemento dun interruptor nos inhibe de pensar cal é a orixe e o coste medioambiental que implica o noso consumo.

Blood Lamp from miket on Vimeo.

domingo 04 outubro 2009

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Bobby Neal Adams

Curioso experimento do fotógrafo americano Bobby Neal Adams, que realiza collages con imaxes da mesma persoa tomadas a distintas idades da súa vida, consegue unha curiosa triple falacia perceptiva de contraste xeneracional, se entornades os ollos veredes que se produce unha confluencia temporal entre a vellez e a mocidade.
Ver galería    

sabado 03 outubro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Johan Hybschmann

O traballo de escultura sobre libros do arquitecto Johan Hybschmann lembra as anatomías de Brian Dettmer ou as esculturas de Su Blackwell. A perspectiva que consegue mediante cortes de precisión realizados con laser é incrible.
+ 

venres 02 outubro 2009

En Arte | Sen comentarios | Permalink

El tío Petros y la conjetura de Goldbach

Teño un compañeiro profesor que acompaña ao currículo ordinario da área un listado bibliográfico de literatura vencellada ás matemáticas, unha suxestión para os que queiran deleitarse co pracer da literatura co estímulo engadido de poder incrementar nota nas avaliacións. Eu tiña lido algunhas novelas interesantes como, "En busca de Klingsor" de Volpi ou "O teorema do loro" de Guedj, que proporcionan unha  aproximación lúdica ao mundillo da ciencia, pero quedeime sorprendido coa prolifíca producción literaria que existe en torno a esta disciplina (Exemplo). Entre os títulos recomendados polo meu compañeiro está "El tío Petros y la conjetura de Goldbach" de Apostolos Doxiadis unha noveliña que descubre as tripas dos cerebros matemáticos a través da historia dun aprendiz e o seu anciano tío, quen pasou a vida tentando probar que "todo número par superior a dous é a suma de dous primos", eso si, cun trasfondo motivacional do mais romántico. Xa estaba convencido de que esta xentiña son dunha extraña especie que morfolóxicamente gardan certo parecido cos humáns pero a súa arquitectura neuronal faille desenvover unha particular metodoloxía de pensamento, ás veces ultrarracionalista, que os convirte en xenios, aceptando que esas esquisiteces do coñecemento son xenialidades, claro. O caso é que, se obviamos algunhas mencións a teoremas infumables, o libro faise moi divertido.     

mércores 30 setembro 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink