Negro vuelo de cuervo

Nunha desas tertulias de viño e rosas cos/coas amig@s andivemos repasando libros perdidos, ese cemiterio do que falaba Ruíz Zafón e do que cada un de nós conserva algún cadáver, eu son moi prosaico no que se refire á memoria literaria, meus vellos ancestros son clásicos, Asimov, Lovecraft, Clarke e sobretodo Poe, pero Antonio gardaba unha xoia na memoria e andivo á súa procura ata conseguila, "Negro vuelo de cuervo" un libro de Mariano J. Vázquez Alonso que obtivo o premio de novela cidade de Marbella aló polo ano 1977, que xa choveu. Hoxe remateino cunha dobre satisfación primeiro pola súa extraordinaria calidade, unha historia ben escrita con personaxes construídos de un xeito atractivo e cunha técnica literaria absolutamente de "best seller", e segundo polo punto de complicidade que se consegue coa lectura, unha irmandade definitiva grabada a sangue e lume que nos aproxima neuronalmente. Admítense suxestións para a resurección da literatura fenecida.   

sabado 11 xullo 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink