Quattrocento

"Quattrocento" é o segundo libro que lle leo a Susana Fortes, antes foi "Querido Corto Maltés", unha novela que me recomendara unha internauta moito mais nova ca mín, eso dixo porque nunca cheguei a coñecela, coa que mantiña unha relación de "chateo" cando as novas tecnoloxías puxeron de moda as conversacións virtuais. Lémbrome porque os dous libros recollen algo parecido a un complexo de Electra sen resolver, no que se recoñecía a miña interlocutora, como unha influenza vehemente que algúns homes en idade provecta exercen sobre algunhas mulleres novas. Se teño que elixir quédome con Corto Maltés, tal vez pola miña querencia ao personaxe de Hugo Pratt, ou porque resultou ser unha novela moito menos pesada que este último tocho mistura de historia e intriga ao que lle sobran un montón de páxinas e lle falta coherencia narrativa. Non se pode decir que Susana Fortes escriba mal, mais ben todo o contrario, escribe tan ben que chega a resultar empalagosa, en especial na descriptividade paixasística coa que se prodiga en Quattrocento, seguramente a conxura contra os Medicis deu uns extraordinarios relatos periodísticos, pero encher 350 páxinas con este episodio, aderezandoo cunha insulsa historia de becaria universitaria, resulta excesivo ata para unha boa escritora. Frouxo. 

luns 27 abril 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink