The unfinished swan

"The unfinished swan" é un videoxogo creado por Ian Dallas que está previsto que saia ao mercado en marzo de 2009, o tema asemellase a un labirinto estilo "DOOM" só que a un nivel de creatividade e de deseño minimalista que resulta sorprendentemente atractivo, a historia desenvólvese en primeira persoa e consiste en disparar bólas de pintura sobre un escenario completamente branco, de xeito que as manchas son esenciais para ir marcando o camiño e sobrevivir. Unha metáfora da vida.

The Unfinished Swan - Tech Demo 9/2008 from Ian Dallas on Vimeo.

domingo 30 novembro 2008

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Pedofilia


Campaña de Child Cry contra os abusos sexuais infantís.
"Si vostede observa un signo de abuso sexual a un/unha neno/a, ABRA A SÚA BOCA"

sabado 29 novembro 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Black cab sessions

Hai un mes que teño "aparcado" este post que recollera en "Lonxe do mar". Unha peculiar iniciativa de Hidden fruit e Just so films que convertiron un taxi nun estudio de gravación, de xeito que polo asiento traseiro van pasando músicos de diferentes estilos para interpretar un dos seus temas en versión "unplugged". Unha viaxe pola cidade na procura da esencia da música acústica, nun microespazo que evoca o intimismo perdido nos grandes concertos e que desprovee ás cancións dos arranxos musicais cos que se lles da consistencia nos estudios. Un examen minimalista para os músicos que se prestaron ao experimento, algúns deles artistas consagrados como Micah P Hinson ou Martha Wainwright.
Black cab sessions
.

venres 28 novembro 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

MCL Novembro

Hoxe, como todos os útimos xoves de mes, concentración da masacrítica de Lugo: Ás 8.15 diante do concello.
Parece que temos unha mala relación co tempo, despois de séculos de convicencia coa nosa meteoroloxía, non nos afacemos nin a choiva nin ao frío. Anima aos teus amigos, coñecidos...Para as novas e novos participantes haberá agasallos de produtos de Comercio Xusto cedidos pola Cova da Terra.
O segredo está na masa.

xoves 27 novembro 2008

En Solidariedade | 2 Comentarios | Permalink

Mecanografía

Pouc@s escribides tan mal coma min, poño as mans sobre o teclado, os dediños na fila do medio, e fago unha serie de movementos aleatorios, inexplicables para calquera erudito da mecanografía. Desta anarquía, que non ten absolutamente nada de adaptativa, e despois dun tempo antieconómico para calquera que teña cousas que facer, xurde o texto.
Para quen queira facer unha proba de velocidade e ademais comparar as diferenzas en función do idioma deixo este TEST

mércores 26 novembro 2008

En Test | 3 Comentarios | Permalink

Contra a violencia de xénero

Elixiuse o 25 de novembro como o día contra a violencia de xénero para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.
Os seus cadáveres esnaquizados apareceron no fondo dun precipio. Para o movemento popular e feminista da República Dominicana historicamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia.


Rimas contra a violencia de xénero

martes 25 novembro 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Stereo


Cattell e Horn, propoñen unha distinción entre dous tipos de intelixencia, aos que chaman intelixencia fluída e cristalizada. A primeira úsase para tarefas como descubrir as relacións entre dous elementos ou conceptos distintos, razoar, abstraer, está asociada a unha maior velocidade no tempo de resposta...esta intelixencia fluída é patrimonio dos xoves. A intelixencia cristalizada, inclúe a capacidade de utilizar un corpo acumulado de información xeral para emitir xuízos e resolver problemas, unha aptitude dependente da información aprendida, xa que logo, depende da educación e da cultura... patrimonio dos adultos. Este é un exemplo de fluidez mental, insultante para os meus cristais neuronais.
 

luns 24 novembro 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Kurt Wenner

Kurt Wenner é un polifacético artista, pintor e arquitecto, que desenvolve un arte con un estilo próximo ao renacentismo, mantén que os seus traballos non son copias ou imitacións dos grandes mestres, senón unha reinvención do clasicismo para unha nova era.As pinturas no chan son espectaculares.

domingo 23 novembro 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Sexo

A organización belga Sensoa, expertos en saúde sexual e prevención da VIH, lanzou esta imaxinativa campaña titulada All About Sex.


En Galiza a rede Quérote desenvolve nos centros de ensino talleres de educación afectivo-sexual orientados ao alumnado, ademais proporcionan información, asesoramento e atención á mocidade en temas de anticoncepción e enfermidades de transmisión sexual (ETS), as consultas poden facerse nas súas sedes, telefónicamente ou mesmo a través da súa web. Unha iniciativa que incomprensiblemente aínda resulta iconoclasta para unha sociedade como a nosa, conservadora e de férrea moral católica, que mantén á sexualidade como un tema tabú na educación d@s adolescentes, este negativismo trae como consecuencia que persistan multitude de mitos e falsas crenzas potencialmente prexudiciais: embarazos non desexados, infecións polo VIH, ETS, non aceptación de diferentes orientacións sexuais...
Acepto que a información non é sinónimo de prevención, pero si o é de coñecemento, e este proporciona liberdade.

sabado 22 novembro 2008

En Educación | Sen comentarios | Permalink

O gardián entre o centeo

Estes días lin "El guardián entre el centeno" unha novela mítica de J.D. Salinger escrita no 1951, e considerada por algúns críticos como unha das obras mais importantes do século XX. Tróuxoma o meu fillo mais vello por ser libro de lectura obrigatoria para lingua castelá no bacharelato. Pois non o entendo, dende a miña modesta opinión, o único valor que pode ter este relato é o de permitir percibir o contraste entre a contextualización da obra na sociedade americana de mediados do século pasado, onde a ética e a moral burguesa castraban a radicalidade das mentes adolescentes, fronte a nosa realidade no que Holden Caulfield carecería de identidade, en todo caso aparecería como un friki moxigato e panoli que non se achega nin de asomo ao prototipo de adolescente resentido contemporáneo, conductualmente moito mais arriscado.
Das 260 páxinas quédome coas 14 do capítulo 24 e cunha cita de Wilhelm Stekel: "o que distingue ao home inmaduro é que aspira a morrer nobremente por unha causa, mentres que o home maduro aspira a vivir humildemente por ela".

venres 21 novembro 2008

En Literatura | 4 Comentarios | Permalink

MTV music

Beyoncé |MTV Music
MTV abriu unha parte importante dos seus arquivos de vídeoclips, algúns están afectados polas leis do copyright, que impiden visionalos fora de USA, pero todo chegará... si a SGAE o permete, claro.

xoves 20 novembro 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Honda Civic Music


As mentes dos publicistas de Honda son caixas de sorpresas. No vídeo presentan unha sinfonía de neumáticos sobre bandas de rodadura. Pequenas xenialidades que os distingue. 

xoves 20 novembro 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Sendeiros urbáns

A páxina weburbanist  recolle unha interesante mostra de "street art" orientada a sensibilizar respecto á escasa importancia que se lle concede aos pasos peonis e aos carrís bici nas cidades, traballos como os de Peter Gibson ,un artista que decorou Montreal cos seus creativos graffitis reivindicativos, os irmáns Davide e Gabriele Adriano co proxecto Sentieri Urbani  e a campaña Zebra Crossing Memorial que aparece no vídeo lembrando que 1/4 das víctimas de accidentes de automóbil foron peóns.

mércores 19 novembro 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

EX7

Ex7 é un magazine electrónico para a promoción do deseño gráfico e da arte. Chego a el a través de Primeros pinitos, o blog de Aurora Cascudo, ela estrea expo nese espazo virtual. Na súa liña: fantástica.

luns 17 novembro 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Marianne Faithfull

Mañá 17 de novembro publica novo disco Marianne Faithfull a ex noiva de Mick Jagger, hoxe convertida nunha señora de 62 anos, á que a adición á heroína foille desgarrando a voz e a vida a un tempo. A pesares da súa aparatosa historia chea de "affaires" amorosos, esta lendaria beleza e icona da paixón británica, segue sen perder a dignidade. Unha mostra é o seu novo traballo "easy come easy go", promocionado no diario dixital "El país", no que conta con colaboracións de luxo, como a de Rufus Wainwright, e mais coa potencia de algúns dos temas que versiona como "The crane Wife" dos "The Decemberists". Para escoitar.

domingo 16 novembro 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Ana Serrano

Ana Serrano  é unha astista mexico-americana nada en L.A., representante dunha mestizaxe que se traduce na súa obra e que desenvolve en multitude de disciplinas, debuxo, animación, escultura... pero tal vez sexa nesta última na que o seu traballo é mais sorprendente, constrúe cidades con caixas de cartón dunha variedade cromática espectacular, no seu traballo pretende facer referencia a aqueles aspectos da cotidianeidade dos que sobreviven en posicións socioeconómicas baixas, a súa arquitectura, o xeito de vida, os aspectos socioculturais derivados do tráfico de drogas... Un "modus vivendi" dunha sociedade que impregna de cor as súas necesidades.

sabado 15 novembro 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Recuva

Unha nova suxestión informática, Recuva é unha utilidade gratuíta para restaurar os arquivos que se suprimiron accidentalmente do noso ordenador. Isto inclúe os baleirados da papeleira de reciclaxe, imaxes e outros arquivos que foron eliminados por erro do usuario. Ademais permete recuperalos de outros dispositivos como cámaras dixitais, tarxetas de memoria ou reprodutores de MP3. A compañía, Piriform, ofreceme unha fiabilidade extraordinaria, son os creadores de CCleaner e Defraggler aos que xa dedicara un post.
Descargar Recuva

venres 14 novembro 2008

En Informática | Sen comentarios | Permalink

Manifesto Pedagóxico

Subscribo cada un dos puntos de este manifesto. Non é verdade que na escola española actual predomine un modelo de ensinanza diferente ao tradicional. Asinar manifesto

[ Máis ]

xoves 13 novembro 2008

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Avishai Cohen

Unha sorpresa o concerto de Avishai Cohen. Non esperaba esta delicada maestría co contrabaixo, un músico que contaxia sentimento en cada nota, cun estilo mais próximo á New Age e a música minimalista que ao Jazz, pero que deixara unha pegada imborrable no Festival de Lugo, regalounos un bis intimista cantando en castelán "Alfonsina y el mar" que desbordaba emoción. O seu último disco "Gently Disturbed" formará parte da miña discoteca básica. Unha xoia que, simplemente, enamora.

xoves 13 novembro 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Porno

Copio e pego do blog de fasedoira "Como un ramo cativo de nenos". 
Un tema no que o consenso internacional está aínda por acadar, as únicas respostas efectivas son o exercicio individual de solidariedade para a denuncia dos sitios web nos que se difunde pornografía infantil e o compromiso persoal de non consumo de este tipo de contidos. A rede debe preservar a liberdade de información e evitar as tentativas fiscalizadoras dos gobernos con mecanismos de autocontrol no que a responsabilidade persoal garanta os dereitos dos demais.
Pornografía infantil NON.

mércores 12 novembro 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Jazz XVIII

Comeza o XVIII Festival de jazz de Lugo. O prato forte será o martes con Mike Stern, un guitarrista que recunca cunha banda inédita. Eu marcho agora mesmo a "50 anos de Bossa Nova", a ver si con esto e unhas birras consigo reducir un pouco o estrés, que ultimamente converteuse no meu incómodo compañeiro de viaxe.

luns 10 novembro 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Test Color IQ

Todos percibimos as cores de xeito diferente, o sistema Munsell de ordenación da cor é un método aceptado mundialmente para a súa especificación exacta. Nesta páxina ofrecen a posibilidade de realizar un test que permete coñecer a nosa capacidade de discriminación cromática. Hai que arrastrar as cores en cada fila para arranxalos segundo a orde de matiz. O baremo fai unha valoración atendendo as variables zona xeográfica, sexo e idade. A miña puntuación: 29

luns 10 novembro 2008

En Test | Sen comentarios | Permalink

Like a rolling stone

Mixwit make a mixtapeMixwit mixtapes

 Mixwit é unha páxina que permete crear "cintas" de audio personalizadas, unha volta aos 70. Like a rolling stone. 16 versións.

domingo 09 novembro 2008

En Informática | Sen comentarios | Permalink

SIDA


Pub Sidaction Sablier Humain
by PeteRock
Campaña francesa de Sidaction. Excelente.
"No mundo, unha persoa morre cada 10 segundos a causa da sida. Protexédevos"

sabado 08 novembro 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Lawson Rollins

Minuto e medio de virtuosismo coa guitarra española. O músico en cuestión e Lawson Rollins. Non ten desperdicio, aínda que, xa postos a ser puristas, para o meu gusto sobralle o acompañamento de teclado que fai Dominique Camardella. O tema titulase "The fire cadenza", unha improvisación exclusiva para a súa web.

venres 07 novembro 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Evolution

 
Yes we can.

venres 07 novembro 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Pomponio Flato

A pasada fin de semana linme "El asombroso viaje de Pomponio Flato" a última novela de Eduardo Mendoza, un escritor do que me declaro adicto a pesar dos bandazos da súa obra, ou tal vez sexa xustamente por estes, que nunca se sabe o que nos van deparar visto o derroche de imaxinación que brota do seu portentoso miolo. Nesta ocasión, volve a recuperar ao hilarante e esperpéntico detective de "El misterio de la cripta embrujada"; "El laberinto de las aceitunas"e "La aventura del tocador de señoras". Agora convertido nun cidadán romano, obsesionado na procura da fonte da sabedoría, que remata investigando un asasinato no que está implicada a sagrada familia, e que intenta resolver co neno xesús como axudante. Unha insólita, irreverente e divertida novela policíaca. Xa digo que non son moi de fiar, porque devoro todo canto escribe Mendoza, pero si queredes pasar un rato co sorriso posto, Pomponio é unha boa receita.   

xoves 06 novembro 2008

En Literatura | 1 comentario | Permalink

TI:ME

Ti:me é un curioso proxecto dos deseñadores Anab Jain e Louise W Klinker , a idea é medir o tempo en función das relacións que mantemos cos obxectos. Unha enxeñosa reflexión sobre o caprichoso dos horarios que manexan as nosas vidas, nas que deixaron de ter importancia os ritmos naturais dependentes de variables como o sono, a fatiga, a fame, os ciclos menstruais... A idea propón unha medición flexible e personalizada atendendo á satisfacción das nosas necesidades, un xeito simpático de rexeitar a ditadura do tempo. Exemplo: Quedamos nun libro 2 cañas e un cigarro.

mércores 05 novembro 2008

En Arte | 3 Comentarios | Permalink

Literatura Irracional

 El espejo lúdico propón un concurso de literatura baseada nos números irracionais, trátase de construir un texto que non supere as 20 palabras, coa condición de que o número de letras de cada palabra sexa a cifra correspondente á do número irracional escollido entre os tres seguintes: 

Pi : 3 1 4 1 5 9 2 6 5 3 5 8 9 7 9 3 2 3 8 4
√2 : 1 4 1 4 2 1 3 5 6 2 3 7 3 9 5 4 8 8 1 6
Phi : 1 6 1 8 3 3 9 8 8 7 4 9 8 9 4 8 4 8 2 4
Exemplo escollendo Pi:


Xa hai 60 traballos presentados, estou desexando lelos.
Visto en Microsiervos   

luns 03 novembro 2008

En Literatura | Sen comentarios | Permalink

Mapas Flash

Roubo a marsop un post que fai referencia a unha interesante e instrutiva web "maps of war". Unha biblioteca gratuíta de presentacións en flash, nas que aparecen mapas da evolución de diferentes acontecementos que foron significativos no desenvolvemento da humanidade. Exemplo: 5000 anos de relixión en 90 segundos.

Outros recursos: Mapas Flash / Gráficos "El país"

luns 03 novembro 2008

En Educación | 2 Comentarios | Permalink