mal de escola

Rematei "mal de escuela" de Daniel Pennac. Un tratado de pedagoxía que podería ser de obrigada lectura para quen exerce a docencia. Recoñecín cada unha das súas reflexións, por exemplo, lembro a Chacón, meu profesor de lingua no bacharelato, anclado na miña memoria co comezo do poema XII do "Canto General" de Pablo Neruda , un pasado de encarnación:
Sube a nacer conmigo, hermano.
Dame la mano desde la profunda 
zona de tu dolor diseminado.
E recordo, con moita menos distancia no tempo, recetar amor como o mellor antídoto para minimizar o potente choque entre o saber e a ignorancia.
Tamén penso que todo un ano de escolaridade amolado non é calquera cousa: é a eternidade nun xarro de cristal.
Unha anduriña aturdida é unha anduriña que hai que reanimar; e punto final.

xoves 30 outubro 2008

En Literatura | Sen comentarios | Permalink