Carlos Lascano
Hai uns anos visitei na Fundación Caixa Galicia da Coruña unha exposición sobre a película de Tim Burton "La novia cadáver", un paseo polas tripas do film, que nos amosaba o derroche de creatividade e de traballo nanotecnolóxico que supuxo a producción desta animación, un auténtico espectáculo. Daquela pensei no lonxe que quedaba das posibilidades de calquera neófito implicarse nun proxecto desa magnitude, algo que eu consideraba patrimonio Burton, pero non. Carlos Lascano é un polifacético artista arxentino, afincado en España, que despois de rematar dereito decidiu que os pleitos non serían a súa fonte de ingresos. Fundou a productora "Pandemonium Grupo Visual" e adicouse a publicidade, á animación, ao cine... O seu traballo "La leyenda del espantapájaros" gañou innumerables premios internacionais e foi preseleccionada para os Oscar. Un tipo con agallas que fai cousas fascinantes como este "spot para red bull" ou "a short love story" en stop-motion.
mércores 08 outubro 2008
En Cine | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS