Publi

"Es la nuestra" é unha empresa adicada á publicidade que fai cousas inxeniosas, como esta campaña con mensaxe paradóxica que utilizou para a súa propia promoción. Unha pintada nunha porta na que se pode ler: "A publicidade non serve para nada, repita con nós: Non recordo a marca do meu coche, non sei que teléfono móvil uso, nunca vin, ou non recordo ter visto, anuncios da miña roupa favorita, compro a miña roupa en tendas de nome descoñecido, o meu ordenador persoal non ten marca, a miña entidade financiera, austera ela, non gasta en publicidade. Non entendo como algúns anunciantes poden invertir cartos en algo tan inservible... Nunca recordarei ter visto e lido este anuncio. Nunca, nunca, nunca."

domingo 05 outubro 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink