amy

Rematei a noite de San Xoan no garaxe dun amigo xogando ao futbolín, comendo empanada de liscos con Bombay Sapphire e escoitando a Amy Winehouse. Un solsticio ecléctico que quedará cosido na miña memoria pola voz de Amy nun concerto que fará historia: "life in london". Ao saír quixen saltar unha vez mais a fogueira e escorrentar aos malos espíritus que parecen axexar a esta muller pero xa non había brasa, espero que fora eu quen tivera sorte e non unha mala premonición para esta portentosa diva.

mércores 25 xuño 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

La fura dels baus

O venres estarán en Lugo "La fura dels Baus", tal vez a compañia de teatro de rúa mais importante do mundo, os megalomaníacos proxectos que desenvolven están cuidados estéticamente ata nos mais mínimos detalles, en Lugo parece que montarán unha obra inédita con motivo da celebración do primeiro século de O Progreso , ademais actuará Carlos Núñez, un músico que non me causa ningunha simpatía, pero hai que recoñecerlle un directo prodixioso, o nivel de virtuosismo, que roza a perfección nos seus concertos, lle fixo gañar o respecto dos grandes. Todo un luxo para a nosa cidade.
Enlace ao evento

mércores 25 xuño 2008

En Arte | 2 Comentarios | Permalink