Lentidixitación
Creo que foi hai un par de anos cando o Colectivo Waldemar trouxo a Lugo a René Lavand, un mago anciano que facía coa man esquerda, a dereita perdeuna cando tiña 9 anos nun accidente de tráfico, trucos imposibles. El acuñou o termo "lentidixitación" facendo referencia a arte da maxia de cerca utilizando as mans,que se coñece como "prestidigitación" (movemento rápido dos dedos), porque o que el fai precisamente é recrear a mesma ilusión cunha extraordinaria lentitude engadindo aos trucos a literatura dos vellos magos de salón, un artista. Hoxe enviaronme este video e trouxomo á memoria. Habelas hainas.
luns 02 xuño 2008
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS