Tequila

Volve Tequila, unha banda mítica que me fixo "saltar" nos 80 e que forman parte da miña discoteca básica. Unha xira que comezará en xullo e que tal vez os aproxime a estos lares. O single de promoción é suficientemente explícito "non non que o tempo non nos cambie".

domingo 01 xuño 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Bolt, o deus do vento

9,72 son menos de 9,74, as 2 centésimas que separan a Asafa Powell do home mais rápido do mundo. 100 metros a ritmo de "Reggae". Un acontecemento deportivo minimalista que atrapa a atención de todo o planeta. Xamaica xa ten un novo deus do vento: Usain Bolt.
El País


domingo 01 xuño 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

The 11th hour

"The 11th Hour" é un documental producido e presentado por Leonardo DiCaprio que volve a incidir sobre os problemas relacionados co quencemento global do planeta, as consecuencias actuais, e as iniciativas para frear esta catástrofe ecolóxica aparentemente irreversible.
Unha segunda carga, despois da oscarizada "Unha verdade incómoda" de Al Gore, que promete imaxes espectaculares e impactantes. O estreo en USA está previsto para o 17 de agosto.
Unha película de culto para o movemento Bioneers, un colectivo cada día mais significativo que comeza a cuestionar termos como "desenvolvemento sostible" ou "reciclaxe" fronte a opción de unha rexeneración activa do planeta,  neste sentido, os bioneros cren que a propia natureza ten a resposta aos problemas actuais, e polo tanto, recomendan basearse nela e nos seus sistemas auto-organizados. A palabra Bioneros é un neoloxismo inventado por Kenny Ausubel, para autodefinirse como "pioneiros biolóxicos". A súa filosofía recoñece a interdependencia e a intelixencia do mundo natural, e céntrase en buscar solucións prácticas e innovadoras que contribúan a cambiar o modo de vida actual.

domingo 01 xuño 2008

En Cine | Sen comentarios | Permalink