Homes orquestra

Un corto de animación magnífico da factoría Pixar que recollo en "Lonxe do mar". 
Os cartos serven para pedir desexos, non para pagalos.

www.Tu.tv

sabado 31 maio 2008

En Cine | Sen comentarios | Permalink

Terra chá


Xa hai tempo que se difundiu esta imaxe na web, trátase do noso planeta visto dende o espacio, a cousa ten a súa coña, unha asociación, "The flat earth society", mantén que vivimos inmersos nunha grande mentira, para eles a terra non é esférica se non plana, estes "neorrenacentistas" tomáronse tan en serio os seus plantexamentos como para desenvolver unha teoría que xustificara a súa hipótese.
1. O diámetro da Terra Plana é de 40.072 Quilómetros.
2. O disco da terra ten o polo norte no centro, e o Polo sur no exterior de toda a súa circunferencia.
3. O Sol e a Lúa teñen 51 Qm de diámetro, e orbitan a medio camiño entre o polo norte e o polo sur, a unha altura de 4.800 Qm da superficie terrestre plana.
4. O Sol irradia luz quente, e a Lúa irradia luz fría.
5. A gravidade é debida a que a terra plana, igual que todos os astros, móvese cara arriba cunha aceleración de 1G.
6. Os océanos non caen polo bordo porque no bordo hai unha cadea montañosa de 150 metros de altura, cuberta de xeo (o polo sur).
7. O efecto horizonte é debido ao cambio de ángulo dos raios solares ao entrar na atmosfera, que nos impiden ver o final do disco.
8. As viaxes ao redor do mundo son perfectamente factibles, xa que se fan de forma circular ao redor do centro do circulo, o polo norte.
9. Todo o que din respecto diso os gobernos, científicos e especialmente a NASA é falso.
10. Os satélites non existen, todo o que supostamente funciona con satélites está realmente funcionando con altas torres de emisión e recepción.
Aí queda eso.

sabado 31 maio 2008

En Curiosidades | 1 comentario | Permalink

Stop the bullets. Kill the gun.

Un fantástico vídeo en Super slow motion para reivindicar un mundo sen armas.
O Lema "Parar as balas. Aniquilar as armas. 

CHOICE FM LAUNCH HARDHITTING GUNCRIME FILM - video powered by Metacafe

sabado 31 maio 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Joshua Radin

Unha proposta musical para a fin de semana, Joshua Radin, un músico intimista que aparece na banda sonora de series como "Anatomía de Grey". No ano 2006 publicou "we were here", un album excelente con temas como "Star Mile" ou "Closer". Inevitablemente lembra a "Simon e Garfunkel". Que o disfrutedes.
Joshua Radin "Star Mile" cip from the Last Kiss premiere

venres 30 maio 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Of All The People In All The World

"Of All The People In All The World" é un interesante proxecto de Stan´s Cafe que utiliza graos de arroz para representar estatisticamente, e dunha forma moi visual, o reparto da poboación no mundo, como o número de médicos e de soldados, xente que nace e morre cada día, as vítimas do holocausto, refuxiados, etc. Onde cada grao representa a unha persoa. En Stuttgard reproduciron a toda a poboación mundial utilizando 104 toneladas de arroz.
Na páxina Stat Centre invitan a engadir novas estadísticas para incluír no espectáculo.

venres 30 maio 2008

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Bacabú

Hoxe fun ver a exposición do "Colectivo Bacabú" ao Museo Provincial de Lugo. Fai 10 anos que este grupo de artistas abrira na Praza do Campo unha galería cunha filosofía especial, como eles dín, alonxada de plantexamentos mercantilistas, coa pretensión de converterse nun foro para a cultura, un proxecto que durou 4 anos pero que, co seu peche, non fixo desvanecer a iniciativa de este puñado de privilexiados da creatividade. Non teño fotos da "espeteira" para colgar no blog, aínda que gardo a súa imaxe na miña memoria, unha táboa que supoño sigue no Mesón do Forno e que foi testigo dos desbarres etilico-creativos de esta xente, merece a pena ir tomar un carajillo para visitala como lugar de culto. 
A exposición retrospectiva e alucinante, esculturas de Honorio brillantes, Xermán Refojo innovador, Espiral toreiro, Santiago Catalán, "Bordelizado", mantendo o purismo dos seus trazos,  e un Quique Bordell surrealista e sublime, como sempre. Un olimpo lucense de visita absolutamente imprescindible.  

xoves 29 maio 2008

En Arte | 1 comentario | Permalink

Coidar o planeta

Unha excelente campaña de CLM/BBDO que pretende sensibilizarnos sobre a importancia que as nosas accións teñen na protección da biodiversidade e a conservación do planeta. Para ler os lemas pousa o rato sobre a foto. Os nosos destinos están enlazados. Protexe a BiodiversidadeDeixar unha luz encesa sen motivo destrúe o planeta







Poñer unha lavadora medio baleira destrúe o planetaTomar un baño e non unha ducha destrúe o planeta  

mércores 28 maio 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

MCL Maio

Unha nova concentración da masa crítica en Lugo. 
Xoves 29 ás 20.15 diante do concello.
Usa a bici todos os días, celébrao unha vez ao mes.
Enlaces
Masa crítica Lugo
Masa crítica España
Bicis.info

martes 27 maio 2008

En Solidariedade | 1 comentario | Permalink

El dueño del balón

Enviame Nano esta suxestión musical de un dos seus amiguetes: "El dueño del balón",  Manuel Torres, que comeza a súa carreira en solitario despois de pertencer á banda "Los Cardos" (hoxe "Circo 25"). Fai un Rock con un punto flamenquito que sona moi auténtico. No vídeoclip "la gata" contou coa colaboración de Josemi Carmona (Ketama), un dos gurús do xénero, non parece un mal comezo. Aí queda para que lle deades promoción, que voa falta fai tal como esta a industria da música. Sorte.
Mais audios en Myspace

martes 27 maio 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Pendulumeca

Pendulumeca é un xogo en rede simple e adictivo. Consiste en facer que o robot se desprace o mais lonxe posible facendoo pendular como si se tratase de Spyderman. Eu non conseguin pasar do nivel I con 802 metros.

martes 27 maio 2008

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Wainwright

Martha é a irmá pequena de Rufus, e ambos son fillos de músicos de folk, unha saga propicia para o arte. 
Rufus foi un neno prodixio, consagrado pola revista Rolling Stone no 1998 ao consideralo mellor artista do ano. Aproveita a súa voz para facer un pop dulce, casi empalagoso, e neste ano comezará a compoñer unha obra de ópera. Teño posteado temas de él. Para momentos de lectura  concentrada é moi recomendable. 

Martha, moito menos ambiciosa, pretendeu a Bob Dylan, e pasou de ser a súa "groupie" a facer concertos dunha calidade próxima a xenialidade. Dela hai temas como "Factory" que son para gardar.

luns 26 maio 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

The world my paper

Hai xente para todo,  a imaxe correspone a un autorretrato do artista Erik Nordenankar, está feito cun GPS despois de viaxar por todo o planeta seguindo unha ruta que vai debuxando a silueta do autor, unha obra aparentemente simple que require dunha infraestructura impresionante. Ver web

domingo 25 maio 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

CubEscape

Cubescape é un xogo en rede que permete facer construccións modulares con cubos de diferentes colores.
Algunhas das que aparecen na galería están curradísimas. 

sabado 24 maio 2008

En Xogos | Sen comentarios | Permalink

Burma

"We make it good" é unha campaña que organiza un grupo de creativos para apoiar ás vítimas do ciclón Nargis que asolou Birmania deixando unhas cifras abrumadoras con mais de 130.000 mortes e 1 millón de persoas sen fogar. A traxedia  recorda á da tsunami do 2004 que debastou o sudeste asiático. As autoridades Birmanas seguen a impedir que chegue axuda humanitaria ao país.
Non é facil atopar accións solidarias entre os creativos multimedia que aporten este alto nivel de calidade artísitica.
O vídeo coa banda sonora de Chopin e belísimo.

venres 23 maio 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

Chiquilicuatre

Hoxe enviáronme este vídeo tomado cunha cámara oculta nunha cafetería de Vigo, é unha conversa entre dous paisanos, non simpatisantes de sapatero, sobre a participación en Eurovisión de Rodolfo Chiquilicuatre, simpatiquísimo.

Tamén deixo o enlace ao "podemos perrear" que organizou o equipo de Buenafuente parodiando a campaña de Barak Obama "Yes we can". Dúas xoias.

venres 23 maio 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Hixiene

Envioume un compañeiro estas curiosas anécdotas respecto a hixiene nos séculos XV e XVI, descoñezo a veracidade dos relatos, se alguén de Historia pode confirmalos ou desmentilos que o deixe nos comentarios.

Ao visitar Versalles, en Paris, observamos que o
suntuoso palacio, non ten baños.
Na Idade Media , non existían, cepillos de dentes, perfumes,
desodorizantes, e moito menos papel hixiénico.
As feces e ouriñes humáns eran tirados pola fiestra do palacio.
Nun día de festa, a cociña era capaz de preparar un banquete para 1500 persoas sen a máis mínima hixiene.
Vemos nas películas á xente sendo abanicada. A explicación
non esta na calor, senón no mal cheiro que exhalaban as persoas por baixo dos vestidos (era feito a drede para conter os cheiros das partes íntimas por non se lavar).

Tampouco había costume de bañarse pola falta de calor nas habitacións e de auga corrente. Así o mal cheiro era disipado polo abanico.
Pero só os nobres tiñan lacaios que facían esta labor, que ademais de disipar o aire tamén espantaban insectos que se acumulaban ao redor.

Quen estivo en Versalles marabillouse cos seus xardíns enormes e fermosos, pero na época eran mais usados que contemplados porque se convertían nos retretes para dar cobertura escatolóxica ás festas promovidas pola realeza, ao non dispoñer de baños. Alí reuníanse unha gran cantidade de persoas para dar alivio as súas necesidades.

Na Idade Media a maioría das vodas celebrábanse no mes de xuño, ao comezo do verán. A razón era sinxela: o primeiro baño do ano era tomado en maio, así, en xuño, o cheiro das persoas aínda era tolerable. Así mesmo, como algúns cheiros xa empezaban a ser molestos, as noivas levaban ramos de flores, á beira do seu corpo e nos carruaxes para disimular o mal cheiro. Así maio converteuse no mes das noivas e se instaurou a tradición do ramo de noiva.

Os baños eran tomados nunha bañeira enorme chea de auga quente.
O pai da familia era o primeiro en tomalo, logo os outros
homes da casa por orde de idade, e despois as mulleres, tamén
en orde de idade. Ao final era o turno dos nenos, e finalmente o dos  bébes. Cando se chegaba a eles xa se podían perder dentro da auga do sucia que podía estar.

Os tellados das casas non tiñan baixo teito e nas vigas de madeira criábanse animais, gatos, cans, ratas e outros bichos. Cando chovía as pingueiras forzaban aos animais a baixar. Disto naceu a expresión choven cans e gatos típica anglosaxoa.

Os máis ricos tiñan pratos de estaño. Certos alimentos, como os tomates, oxidaban este material, e isto, unido á falta de hixiene da época, orixinaba a morte de moita xente por envelenamento polo que foron considerados tóxicos durante moito tempo. Nos vasos ocorría o mesmo ao contacto con whisky ou cervexa, o que provocaba que a xente entrase nun estado narcoleptico producido tanto pola bebida como polo estaño.
Alguén que pasase pola rúa e vise a alguén neste estado
podía pensar que estaba morto e xa preparaban o enterro. O corpo era colocado sobre a mesa da cociña durante algúns días e alí permanecía coa familia mentres eles comían e bebían esperando que volvese en sí ou non. Desta acción xurdiu o velorio que hoxe se fai xunto ao cadáver. 

Os lugares para enterrar aos mortos eran pequenos e non había sempre suficiente sitio para todos. Os cadaleitos eran abertos e retirados os ósos para meter outro cadáver. Os ósos eran retirados a un osario. Ás veces ao abrir os cadaleitos, percibíase que o enterrado rabuñara a terra, fora enterrado vivo.

Nesta época xurdiu a idea de, ao pechar o cadaleito, amarrar á boneca do defunto un fío, pasálo por un buraco do cadaleito e atalo a unha campanilla sobre a terra. Se o individuo estaba vivo só tiña que tirar do fío para que soara a campanilla e ser desenterrado, xa que unha persoa estaba á beira do cadaleito durante uns días. Desta acción xorde a expresión Salvados pola campá que usamos hoxe en día.

xoves 22 maio 2008

En Curiosidades | 1 comentario | Permalink

Metal art

Andrew Smith é unha xoven promesa do arte, as súas esculturas misturan tecnoloxía e elementos orgánicos nunhas creacións fascinantes. O vídeo corresponde ao proxecto o "reloxo do avó" no que se ve como unha bola percorre unha estuctura metálica para producir unha señal acústica nos cuartos e nas horas.

xoves 22 maio 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Glen Hansard


Atopei casualmente a Glen Hansard, quen fora o guitarrista na mítica película de Alan Parker "The commitments", este músico Irlandés, que pertence ao grupo The Frames, gañou un Oscar á mellor canción no ano 2007 co tema "Falling slowly" do film Once
O vídeo que posteo recolle unha interpretación nun pub cantando "a capella" o tema "Devil Town" coa cheka Markéta Irglová.
Teño perdida a pista de toda a xente que tomou parte na película de Alan Parker. Un exercicio para facer apnea calquera fin de semana, por exemplo. 
 

martes 20 maio 2008

En Música | Sen comentarios | Permalink

Growing works

Oscar Díaz é un creativo que descubriu como a propiedade de transmisión por capilaridade dos líquidos podíase aproveitar para crear unha obra de arte. Os seus deseños van medrando lentamente ata completar a composición. Aplicouno a calendarios que indican o transcurrir do tempo con precisión diaria e a obras que se desenvolven diante dos propietarios facendo medrar os seus debuxos.

luns 19 maio 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

Como auga para chocolate

Onte fomos cear á casa do meu amigo Gonzalo, un autodidacta para case todo, incluída a arte da gastronomía. Recibiunos sen protocolos, coa indumentaria de cociñeiro freelance: pelo recollido nunha coleta, pantalón de chándal e camiseta vellos, pantuflas e pano ao ombro. Manipulaba as potas e o forno cunha concentración de controlador aéreo e a chulería dun macoqui que non admite comentarios ao seu traballo, así que, co seu particular sentido do que é politicamente correcto, votounos da cociña, el non quere adláteres que cuestionen o seu reinado, mentres dura a operativa culinaria resultamos ser uns incómodos intrusos para o roi do forno, o plantexamento resulta duro pero comprensible, basta imaxinar a un grupo de curiosos, cervexa en riste, facendo comentarios nunha operación de cirurxía a corazón aberto, inadmisible. Pois este "Gregory House" dos fogóns opina o mesmo. Con puntualidade meridiana, calculada cunha meticulosidade insultante porque nos citou ás nove da noite sabendo que non estaríamos sentados na mesa ata ás 10, comezamos a degustar os seus pratos:
Primeiro: Ensalada tibia de grelos con perdiz e becada en salsa semiescabeche
Segundo: Perna de cordeiro rechea con patacas e zanahorias
Non come prostre, así que omite a súa elaboración. Iso si, nun alarde de xenerosidade impropio dun deus, permite que fagamos a nosa pequena contribución ao ágape con sendos doces: torta de queixo, trufas e xeado de chocolate, por suposto todos elaborados artesanalmente para non desmerecer a altísima calidade do menú.
Respecto ao viño, que tamén produce este todoterreo da cultura gastronómica, descrouchounos o seu mencía, exquisito ao padal e de bouquet afroitado, pero cun punto carbónico, que desgraciadamente non se axustaba ao meu gusto, cruz e raia, resolveuno fácil, non volverei a probar o seu viño na súa casa, a cambio abriume un Ribeira de Duero que tiña na recámara para que estivera calado. Un trastorno do control de impulsos resolto con mestría.
O resultado, unha cea inesquecible. Estou convencido de que a cociña posúe unha capacidade camaleónica para impregnarse das emocións de quen traballa nela, lembro a película "como auga para chocolate" onde os alimentos transportaban os sentimentos da cociñeira facendo rir ou chorar a quen os inxería en función do que ela houbera sentido, Gonzalo consegue esa maxia nos seus pratos, independentemente da incuestionable calidade dos produtos, e das horas de man de obra, os alimentos nos nutren de emocións, unha catarse que comunica o cariño que posúe polos amigos, unha vía para observalo espido, coa sensibilidade sobrepoñéndose á rudeza da súa imaxe. Cociñar é unha longa sesión de terapia.
Grazas.

domingo 18 maio 2008

En Xeral | Sen comentarios | Permalink

Animais


"Algúns nenos desexarían que os seus pais fosen animais" lema dunha campaña do Ministerio de asuntos sociais libanés que presentou este clip de vídeo para un programa contra os malos tratos infatís.

domingo 18 maio 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink

MUTO

Tiña pendente un post sobre street art, pero vai ser que non, o traballo feito por Blu é de unha calidade sobrenatural, este artista pasou un inverno en Buenos Aires e Baden facendo debuxos nas paredes e proporcionándolles vida propia cun esforzo creativo alucinante, o resultado é MUTO un corto de animación que fará historia.
Ademais recomendovos unha visita aos links da súa web.

MUTO a wall-painted animation by BLU from blu on Vimeo.

sabado 17 maio 2008

En Arte | Sen comentarios | Permalink

O camiño do roi

"El caminito del Rey" e unha senda construida en "El Chorro" (Málaga) entre os anos 1901 e 1905, a súa finalidade era facilitar as comunicacións entre dous saltos da auga propiedade da Sociedade Hidroeléctrica El Chorro. O roi Alfonso XIII acudiu á inauguración de esta expectacular obra, e dende ese intre foi coñecida polo "Camiño do roi." Hoxe atópase nun estado de deterioro tal, que a fai case impracticable. Pero esta mesma circunstancia a convirte nun paraíso para o sendeirismo de alto risco, o vídeo é suficientemente gráfico respecto ao nivel de dificultade. Acojona.

sabado 17 maio 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

Eu
Hai tempo que me gostaría que me gostase o té, seguramente foi un condicionamento na infancia o que conseguiu disocialo dos meus apetitos, porque o que evoca en min son recordos de enfermidades gastrointestinais e convalecencias, que para nada me reportan as sensacións coas que se deleitan algúns dos meus amigos coa súa inxesta. Algo parecido ocorrelle á lectura, que perde atractivo ata aborrecela polo mal uso que se nos fai facer dela mentres somos novos, desprendela do seu carácter lúdico, para convertila nunha ferramenta de coñecemento académico, a fai moi práctica pero carente de emoción. Deberíamos de ter algo mais de xeito cos protocolos de iniciación aos placeres. Decía que me atrae o Té, fundamentalmente os rituais (Gong fu) que forman parte da súa maxia, unha liturxia previa que predispón os sentidos para abrilos á percepción dos matices segredos que se agochan en cada planta, como unha metáfora da paixón. Ofrecer té é un acto de amor, un convite para compartir a sensualidade do seu olor, do seu sabor e da súa presencia, pero ademais é buscar a confluenza das nosas mentes nunha tertulia silenciosa coa complicidade dun bebedizo ancestral que mantén intacto o seu poder de seducción dende hai mais de 5000 anos.
As lendas 
Unha bebida venerada transculturalmente non podía estar exenta de lendas, eu coñecía a xaponesa que conta como un monxe ao final de tres anos de meditación, caeu durmido e soñou con todas as mulleres que amara. Ao espertar, enfureceuse tanto coa súa propia debilidade que se arrincou as pálpebras e enterrounas, comprobando como enraizaban e medraban ata converterse nun arbusto descoñecido, o té. Mascou algunhas follas e descubriu que tiñan a propiedade de manter os seus ollos abertos. As lendas India e China son semellantes, aínda que para o meu gusto moito mais prosaicas ó non falar da xénese, os indios atribúen o descubrimento ao Príncipe Bodhi-Dharma, fillo do Rei Kosjuwo, que deixara a India para ir ao Norte a predicar o budismo. Prometeu non durmir durante a seu meditación de sete anos. Ao final do quinto ano estaba cedendo á laxitude e a somnolencia, pero unha providencial casualidade fíxolle coller e mascar algunhas follas dunha árbore non identificada. Resultou ser unha árbore do té e as súas extraordinarias propiedades permitíronlle cumprir a súa promesa. Os chinos contan que foi o Emperador Chen-Nung, o "Divino Cultivador", quen descubriu o té accidentalmente cando estaba fervendo auga á sombra dunha árbore silvestre cuxas follas se mecían docemente coa brisa, cando fortuitamente algunhas delas caeron na súa pota. O emperador bebeu a infusión resultante e sentiuse alagado pola sensación de benestar, descubrira o Té.
As variedades
A clasificación atendendo ao proceso de elaboración:
Té branco:  Neste caso non é o grao de oxidación o que lle distingue dos outros tés senón a parte da folla utilizada, que son só os brotes; as follas déixanse marchitar lixeiramente e logo sécanse ata determinado nivel de humidade.
Té verde:  A planta sécase e sométese a un proceso de torrefacción en recipientes de ferro.
Té negro: Logo da recolección, as follas enrólanse e déixanse oxidar. Despois sécanse e trituranse. É a variedade máis coñecida.
Té Oolong: Tamén se chama semi-negro ou azul,  a oxidación é moi suave e queda a medio camiño entre o té verde e o negro.
Enlaces
Mundo del té.
Té bebo.
Recetas con té
Gongfu

venres 16 maio 2008

En Xeral | 5 Comentarios | Permalink

Bill Watterson

Bill Watterson escribiu frases como estas:

  • Vale, así que ¿o segredo para ter unha boa autoestima é baixar as túas expectativas ata o punto no que ambas se atopen?
  • As veces penso que a proba mais fehaciente de que existe vida intelixente no universo é que naide intentou contactar con nós.
    O maior recoñecemento da súa xenialidade o debe á tira cómica "Calvin and Hobbes" un repaso filosófico da vida dende a perspectiva crítica dun neno hiperactivo e mais un tigre. 
    O vídeo é un xeito de render tributo aos seus debuxos creando un mural dos persoaxes con post-its.
  • venres 16 maio 2008

    En Literatura | Sen comentarios | Permalink

    Evolucións

    Hai uns días colgaba un post das campañas de Dove sobre a autoestima. Calquera dos vídeos é dunha calidade excepcional. Sen pretender desmerecer os obxectivos do proxecto, atopei esta parodia na rede que non ten desperdicio.


    xoves 15 maio 2008

    En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

    David

    O David de Michelangelo Buonarroti regresa a Europa despois dunha breve estancia nos Estados Unidos.

    mércores 14 maio 2008

    En Curiosidades | 2 Comentarios | Permalink

    apelidos

    Deixovos unha curiosidade, o INE brinda a posibilidade de que testeemos como se distribúe a nosa saga polo territorio nacional, mágoa non ter referentes allende os mares, o número de achegados multiplicaríase, sen dúbida. A diáspora segue sen cuantificarse. Enlace 

    mércores 14 maio 2008

    En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink

    Blackwater

    Acabo de ler unha  entrevista na Vanguardia ao periodista Jeremy Scahill co motivo da presentación do seu libro "Blackwater. El auge del ejército mercenario más poderoso del mundo" (Ed. Paidós, 2008), a industria da guerra abriuse camiño no sector privado propiciado pola administración Bush, de xeito que esta organización posúe unha infraestrutura bélica superior á de moitos países desenvolvidos, dispoñendo ata dun aparato loxístico semellante ao da CIA. Os seus servizos foron contratados polo goberno americano para a intervención en Iraq onde posúen patente de corso para desenvolver accións bélicas. Esta "empresa" está en máns de un só home Erik Prince, encumbrado a partires do 11-S polos "Señores da Guerra" Donald Rumsfeld (ex secretario de Defensa de EE.UU) e Dick Cheney (vicepresidente de EE.UU.). A páxina oficial asusta.

    martes 13 maio 2008

    En Xeral | Sen comentarios | Permalink

    children see, children do

    Campaña da asociación australiana Childfriendly,  dedicada a previr o abuso na infancia,  na que pretende sensibilizar respecto da importancia do aprendizaxe vicario na construción de actitudes. O vídeo, emitido durante o 2006 en televisión, mostra como os nenos e as nenas mimetizan os comportamentos negativos dos adultos en situacións que parecen pasar desapercibidas no control dos procesos de aprendizaxe. Excelente.

    martes 13 maio 2008

    En Educación | Sen comentarios | Permalink