Robin Hood
Están de moda os programas "cazatalentos", unha mixtura perversa de xenialidade e frikismo que dispara os "shares" das cadeas, de ahí sairon tipos como Paul Potts, un vendedor de móviles que nos seus ratos libres tiña estudiado filosofía, teoloxía, cine, televisión e música, un "rara avis" que logrou conmover a medio mundo coa súa interpretación do "Nessun dorma" (unha aria de Puccini que posúe a maxia de movilizar emocións). Nestes programas xurde xente cunha formación insólita, como esta "contorsionista de alta precisión", que deus sabe as horas que leva practicado co arco en posturas imposibles para epatar á audiencia, un entrenamento bestial para unha actuación minimalista que queda resolta en minuto e medio para o seu visionado en youtube, sin copyright nin protección da SGAE. Algúns traballos son o demo.
Espectáculo do Circo Roncalli.
mércores 30 abril 2008
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS