A maldición da flor dourada
Nesta fin de semana vin "la maldición de la flor dorada" o último traballo de Zhang Yimou, director de películas como "sorgo rojo", "la linterna roja", "Hero" ou "Ni uno menos", todas elas dunha beleza prodixiosa no referido á fotografía e con guións do mais ecléctico, onde se pode atopar dende cine social a narracións shakesperianas (lembra a Kurosawa), pero todas con resultados formidables que o sitúan nun altísimo nivel cinematográfico. Imprescindible.
martes 22 abril 2008
En Cine | 1 comentario | Permalink
Día da Terra
Hoxe Google fai a súa especial homenaxe ao Día da Terra, o seu promotor foi o senador norteamericano Gaylord Nelson que no ano 1962 pretendeu mobilizar a conciencia colectiva respecto dos problemas da contaminación e da conservación da biodiversidade para protexer a Terra. A partires da iniciativa deste político comezaron a promulgarse leis de protección medioambiental e percibiuse unha sensibilización política para afrontar esta problemática.
O relevo tomárono Al Gore "An incovenient truth" e o primo de Rajoy.
Hai un tempo deixaba este post ao documental da BBC, tiven ocasión de vélo en HD, e merece moito a pena.
martes 22 abril 2008
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS