Tocar y luchar

"Tocar y luchar" é unha película documental que posúe unha emotividade sobrecolledora.  Narra a historia de seis nenos venezolanos que cambian a súa vida a través da música, unha mostra do que significa a orquestra do pobres que leva mais de 30 anos funcionando en Venezuela conseguindo formar a preto de 300.000 pequenos. Esta experiencia revolucionaria, que utiliza a música como motor do cambio social, abrangue actuacións no ámbito da educación especial como o Coro de mans brancas conformado por xoves con deficiencias auditivas, que pese a isto descobren e fortalecen o sentido interno do ritmo a través da expresión corporal e a linguaxe xestual.
A orquestra entendida como unha conxunción de vontades para producir beleza.

Unha película imprescindible.

sabado 12 abril 2008

En Cine | 1 comentario | Permalink

O Courel


No programa "el escarabajo verde" da TVE 2 adicaron esta reportaxe ao Courel. Unha testemuña da desfeita que se está producindo neste espazo protexido. Lousa contra natureza.
Enlace ao vídeo está divido en duas partes, premer no enlace e elixir parte 1 / parte 2  

sabado 12 abril 2008

En Solidariedade | Sen comentarios | Permalink