Réquiem por un soño
Tiña pendente esta película dende hai dous anos, seguramente por non atopar o momento para encaixar esta durísima historia que furga nas entrañas da drogodependencia, baseada na novela de Hubert Selvy, o director Darren Aronofsky consigue un film inquedante, cunha excelente interpretación, en especial de Ellen Burstyn, e unha música do Kronos Quartet que contribúe a tensionar aínda mais se cabe ao espectador.
Dura e recomendable.
Links: Unidade Didáctica e Requiem for a dream
luns 31 marzo 2008
En Cine | 1 comentario | Permalink
Noir désir
Bertrand Cantat foi o líder do grupo Noir Désir. En xullo de 2003 deixou en coma á súa muller, a actriz Marie Trintignant, tras unha pelexa ocorrida nun hotel de Vilnius (Lituania). Ela morreu días despois, e foi sentenciado a 8 anos de cárcere por homicidio involuntario. O 15 de outubro de 2007 saíu despois de permanecer 4 anos na cadea, isto provocou a manifestación de grupos feministas e da propia familia da falecida que rexeitaron a redución da condena. Un "asasino" cunha creatividade musical prodixiosa. Le vent l´emporterá.
domingo 30 marzo 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
O segredo está na masa
O xoves foi a "III concentración de masa crítica en Lugo", o día non era moi propicio e notouse na participación, estivemos 18 (a metade respecto á anterior convocatoria). Haberá que publicitar mais o acontecemento porque eu resístome a crer que na nosa cidade non haxa mais xente disposta a dar un paseo colectivo en bici.
Xa temos blog
Recomendación: Na columna da dereita do blog, hai unha casilla para meter a vosa dirección de correo electrónico, dese xeito recibiredes as actualizacións que se fagan.
sabado 29 marzo 2008
Bert Simons
Bert Simons é un artista vinculado ás novas tecnoloxías, entre os seus traballos destacan as esculturas de rostros que foron previamente tratados mediante software de deseño en 3D para convertelos en desenrolos de formas poligonais e finalmente reconstruilos como se fosen puzzles. Na súa páxina explica o proceso que seguiu para facer o seu autorretrato. Xenial.
venres 28 marzo 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Ferve a Rede
Unha iniciativa literaria de Vieiros con moi boa acollida, microrrelatos eróticos que non sobrepasan os 550 caracteres (poderían restrinxilo a 69 ou multiplos).
A gañadora:
Nun vaivén de suor núa, alzo a mirada para te ollar mellor.
Quéresme? Disme docemente.
Eu arqueo as cellas...
...nunca souben falar coa boca chea.
venres 28 marzo 2008
En Literatura | Sen comentarios | Permalink
Tentáculos
Corto publicitario da asociación alemana Dunkelziffer que denuncia os abusos sexuais na infancia, un trauma emborrable da memoria.
xoves 27 marzo 2008
Human Flipbook
Human flipbook é unha obra de arte do merchandising de Erbert & Gerbert´s, baseándose no folioscopio desenvolveron unha secuencia de imaxes sobre 150 camisetas que foron filmando secuencia a secuencia ata obter isto. (Ver o making of)
mércores 26 marzo 2008
En Arte | 1 comentario | Permalink
O vento do sol
En febreiro adicaba un post a Arthur C. Clark, lembraba as súas alucinantes historias na taberna do cervo branco, hoxe recordo "O Vento do Sol" outro fantástico relato, que lle da título ao libro, no que se inventou unha regata espacial propulsada polo vento solar. Leín que Kirilof, pai da astronáutica rusa, despedía aos seus astronautas coa frase "Que o vento do sol sopre no teu camiño." Pois eso, mestre.
martes 25 marzo 2008
En Literatura | Sen comentarios | Permalink
Beijing Olympic
Fonte: Vicent Chow



martes 25 marzo 2008
Animais
Fotografando bichos. Na páxina Nature Image Stock pódese ver un catálogo de imaxes de distintas especies animais espectaculares. Insectos.
martes 25 marzo 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Micah P. Hinson
Outra suxestión musical, Mica P. Hinson, un neno prodixio da música que está a piques de publicar "The surrendering". Este elemento de 27 anos e coa gorxa rota do alcohol, pasou do country ao blues con parada na cadea. Un fenómeno do que se falará nos vindeiros meses porque inicia unha xira europea con escala en Vigo e Santiago. Fantástico.
luns 24 marzo 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
La elegancia del erizo
Nesta invernaxe de semana santa merquei o último libro de Pérez Reverte "Un día de cólera". A causa, foi esa absurda fidelidade que nos impulsa a ler todo aquelo que publica un tipo por non mutilar a colección completa das súas obras, bodrios incluídos.
Pois estaba eu tratando de deglutir o enésimo libro de Arturito, xa farto das súas reiteracións e anticipando un dos seus "marabillosos" finais de pequeno de primaria, cando un amigo me sacou da abulia lectora con "la elegancia del erizo" a segunda novela da escritora Muriel Barbery que inventou unha historia maxistral sobre dúas mulleres que agochan tras os seus respectivos roles unha riqueza intelectual extraordinaria. Un libro fresco e divertido do que estou convencido se multiplicarán as edicións. Moi recomendable.
sabado 22 marzo 2008
En Literatura | Sen comentarios | Permalink
I´m not there
"i´m not there" son unha serie de historias na América dos anos 60 e 70, filmadas de xeito diferente e con seis actores diferentes. Cada unha expresa un aspecto da carreira de Dylan, acompañándose dunha banda sonora con temas de este monstro, parece que hoxe será o estreno en España, se chove...
venres 14 marzo 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
Ed Gerhard
Voume de vacacións, non teño claro que lle poida adicar tempo ao blog na próxima semana, a todas e todos os que o visitades con asiduidade, e que sodes o motivo de que siga con esta historia, pedirvos que non vos esquezades de facer apnea.
Mentres déixovos outra suxestión musical, Ed Gerhard é un guitarrista na liña acústica que acaba de publicar ´"Sunnyland" un álbum de discoteca básica para os melómanos da guitarra acústica. No enlace podedes escoitar algúns fragmentos dos temas.
Saúde.
venres 14 marzo 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
Blood
Premios ás mellores fotografías médicas Awards 2008, pódense ver dende tomografías de un embrión de rato a cédulas sanguíneas ou canceríxenas, prescindindo das connotacións científico-técnicas, a estética de algunhas de elas é dunha beleza extraordinaria.
venres 14 marzo 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Jason Seiler
Jason Seiler é un xenio da caricatura, as súas ilustracións son publicadas en presitixiosas revistas como Golf magazine, Time ou pola compañia cinematográfica Universal Pictures. O realismo das creacións fai pensar que se tratan de montaxes fotográficos con moito traballo de Photoshop, pero non.
Fantástico.
xoves 13 marzo 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
Punto G
O show de Carlos Sovera.
mércores 12 marzo 2008
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
Zurdos
Meu fillo mais novo é zurdo, circunstancia que debe ter algunha componente xenética porque eu teño a lateralidade indefinida, o que me convirte nun caso atípico que xoga a fútbol coa esquerda, a tenis coa dereita, tiro pedras coa esquerda, escribo coa dereita...En fin, un caos.
O que si que teño claro e que o mundo non está pensado para os zurdos, os nenos e nenas con lateralidade sinistra sofren durante toda a súa vida a "ditadura da dereita", mesas, instrumentos musicais, ferramentas, ou paus de golf, resultan materiais de complexo ou imposible manexo se un é zurdo, pero o mais grave está nas trabas que se producen no ámbito académico, caligrafías ilexibles ou velocidade de escritura excesivamente lenta, orixinan problemas na escola que na maioría das ocasións, vítimas da ortodoxia curricular de algúns mestres e mestras, son obviados ou sancionados. Un amigo, que tamén sofre este acoso da dereita nun dos seus vástagos, envioume este vídeo didáctico. Está en inglés pero enténdese ben. Enlace.
martes 11 marzo 2008
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
Morph
Nokia está a desenvolver un "Gadget" que revolucionará o mundo. O Morph é un ordenador nanotecnolóxico que nos permeterá facer cousas como as que aparecen no vídeo. Alucinante.
martes 11 marzo 2008
En Informática | 1 comentario | Permalink
Bettye Lavette
Bettye Lavette é unha cantante pouco coñecida no noso país, posue unha voz desgarrada semellante á de Tina Turner, unha musa do R&B que no 2007 publicou o seu último disco "The scene of fhe crime", altamente recomendable.
martes 11 marzo 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
O poder da túa voz
Dende fai oito meses, o anuncio de Amnistía Internacional "O Poder da túa Voz" non se pode emitir nas canles nacionais de televisión.
Segundo o Informe do Ministerio:
"non cabe dúbida de que a mensaxe principal no anuncio (...) non é o de defender determinados dereitos, senón afirmar que estes están sendo violados por determinados dirixentes e non por outros (...).Ademais, afirma que a denuncia dos dereitos humanos, para ter finalidade pública, debe carecer de "controversia"
¿ti que opinas?
luns 10 marzo 2008
Listas Vermellas
A Unión Mundial para a Natureza (UICN) é a única organización que posúe o status de observador ante a Asemblea Xeral de Nacións Unidas para, entre outras tarefas, encargarse da elaboración das listas vermellas de especies ameazadas, este catálogo vaise modificando anualmente, engadindo as especies que se atopan en grave perigo de extinción, pódese consultar a galeríaweb dende 2000 ata 2007.
Por outro lado, o programa EDGE "Distintos Evolutivamente e Ameazados Globalmente" trata de investigar a especies de animais, considerados únicos e irrepetibles, para impulsar programas de conservación que aseguren o seu futuro. Algúns son increibles.
domingo 09 marzo 2008
En Solidariedade | 1 comentario | Permalink
Costureiras

Un 8 de marzo de 1857, unha marcha pioneira de obreiras téxtiles percorreu os suburbios ricos da cidade de Nova York para protestar polas miserables condicións de traballo. O 5 de marzo de 1908 en Nova York comezou unha folga das obreiras téxtiles reclamando a igualdade salarial, que se diminuíse a xornada a dez horas e que se permitise un tempo para a lactación.
Un suceso desa folga que arrepiou ao mundo enteiro ocorreu na fábrica Sirtwoot Cotton, onde máis de 100 mulleres pereceron nun lume que se atribúe ao dono da fábrica como resposta á toma pacífica do local polas obreiras en folga. En 1909 celebrouse por primeira vez nos EEUU o día da muller traballadora, respondendo a unha declaración do Socialist Party of América En 1911. Ao ano seguinte en resposta a este decreto, máis dun millón de mulleres e homes europeos participaron en manifestacións por demandas de igualdade para a muller.
O 8 de marzo de 1977 a oficina dos Nacións Unidas declarou "O Día Internacional das Mulleres Traballadoras", e a cor para representar os esforzos das mulleres que morreron é o lila.
sabado 08 marzo 2008
En Solidariedade | 1 comentario | Permalink
Rajoy versus ZP
Chegamos aos últimos coletazos dunha campaña orientada dende os medios de comunicación ao enfrontamento bipartidista, cada un concreta os seus esforzos de promoción no carisma dos seus respectivos líderes, a ideoloxía que sustenta estas formacións políticas non ten relevancia, e o resto dos partidos parecen ter deixado de existir soterrados polo poder mediático de estes "monstros da política". Campañas ao americano con millóns de euros de presuposto, e moita formación en PNL para mellorar a expresión de emocións.
A xente votará credibilidade, aínda que sexa pura ficción.
Buenafuente sería o amo.
venres 07 marzo 2008
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
Tempo de reacción
¿Espabilado/a ou dormido/a?
Unha páxina nos permete medir o noso tempo de reacción dende a percepción de un estimulo visual (crono) ata a emisión de unha resposta motora (click no rato). Segundo os autores é un bo medidor da fatiga. As medias das puntuacións por debaixo de 220 ms. son indicadores de un bo estado de alerta, as que sobrepasan os 330 ms. farían aconsellable un reposo neuronal.
Test
xoves 06 marzo 2008
En Test | Sen comentarios | Permalink
The Fray
"The Fray", son un grupo de rock alternativo de Denver. A banda é coñecida internacionalmente polo seu single "Over My Head" e a famosa "How to Save a Life" que soou na serie Anatomía de Grey.
Boa serie e boa música, co permiso de House.
xoves 06 marzo 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
Test Grafoloxía
Páxina que ofrece un estudo grafolóxico gratuíto, descoñezo a fiabilidade do diagnóstico, no meu caso produciume unha sobredose de narcisismo que o fixo pouco crible ata para min, contrastando coa percepción que os meus achegados teñen da miña arrebatadora personalidade, non parece que me acompañen tódalas virtudes que se desprenden da proba, ou será que escribo ben. Probádea.
martes 04 marzo 2008
En Test | Sen comentarios | Permalink
A Terra
Esta foto é xerada por satélite e enviada á Terra cada hora durante as 24 horas do día. Sempre que abras o enlace estarás vendo a situación da Terra en tempo real. Suxírese vela a distintas horas, verdadeiramente un espectáculo.
Enlace
martes 04 marzo 2008
En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink
Flags

No ano 2005 a revista portuguesa "Grande Reportagem" recibiu o premo Epica D´Or pola sua campaña "Meet the world", xa daquela se difundiu unha versión en PowerPoint na que se mostraban os "significados" das bandeiras, a data de hoxe non perdeu vixencia e segue a ser un exemplo de imaxinación e creatividade. O seu autor foi o brasileño Icaro Doria.
luns 03 marzo 2008
Keep it simple
O 18 cumpro anos, non se me ocorre mellor agasallo para celebralo que o novo álbum de Van Morrison "Keep it simple", despois de 2 anos de seguía creativa, os seus fans estabamos a sufrir un síndrome de abstinencia severo. Poucos músicos despertan en mín unha mitomanía tan exacervada.
Invítovos a que escoitedes os preview, son alucinantes.
domingo 02 marzo 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS