Google Web
Aínda non tedes páxina web? Pois Google pono doado, únicamente tedes que entrar en Google Sites rexistrarvos, elixir unha plantilla, o nome do sitio, e millas, a partir de ese intre poderedes dispor da vosa páxina sen necesidade de coñecementos de informática, linguaxe Html,...
Aproveitando a nova, engado un vídeo promocional do Gmail alucinante.
venres 29 febreiro 2008
En Informática | Sen comentarios | Permalink
Bluegrass
Hai uns días que non posteo música, para o fin de semana deixo este video de Tony Rice, un mestre da guitarra acústica, que foi evolucionando dende o bluegrass a un estilo mais próximo ao Jazz, e que toca coa limpeza dos vellos guitarristas, sen alardes nen florituras, pero con un son que enche de emoción.
venres 29 febreiro 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS