Etiopía

O CPI de Castroverde (Lugo) acolle estes días a exposición itinerante da fotógrafa Mª Luz Doval, que no ano 2006 fixo un percorrido por Etiopía recollendo imaxes das tribos do país, os Hamer, os Arboré...  Homes e mulleres que amosan unha cultura que parece resistir a globalización.

"As veiras do río Omo está un poboado Galeb. Unha planicie polvoríñenta na que cae o sol a chumbo. Os Galeb e os Dasane son agricultores e pastores..."

Trátase de un traballo de campo con valor antropolóxico que posúe unha beleza didáctica.

sabado 23 febreiro 2008

En Educación | 3 Comentarios | Permalink

Top secret

Copio, traduzo e pego unha mensaxe que me envía Pedro dende Barna. 
"Sabiades da Wikileaks?. Pois vén ser como unha especie de Wikipedia pero construída a base de filtracións, xeralmente anónimas, de material confidencial ou clasificado.

O formato, o aspecto, e o funcionamento colaborativo, é o mesmo da Wikipedia pero mantén un  segrego sobre as súas fontes, porque di que, en moitos casos, pertencen a disidentes de países con forte censura, ou a persoas que aínda traballan na organización da que filtran datos. A súa declaración de principios tédela en https://wikileaks.be/wiki/Wikileaks/é e ademais en castelán aínda que, como de costume, o groso de información de wikileaks está en inglés.

Coa habilidade que me caracteriza, eu acábome de decatar da súa existencia agora que a pecharon por orde xudicial, por publicar unha información sobre o banco suízo Julius Bauer no que aseguraban que contribuíra á evasión de impostos e branqueo de diñeiro de narcotráfico mediante a súa sucursal das illas Cayman.

A pesar da prohibición e peche dos servidores USA, arranxáronllas para seguir activos en servidores doutros países, por exemplo http://88.80.13.160 onde aínda se pode consultar o 1,2 millóns de documentos que din posuír e que van desde informacións do exercito USA sobre a/s guerra/s en que se meteron, o manual para os carceleros de Guantánamo, ata datos sobre empresas que colaboran en turbias campañas de financiamento...

Hai unha certa predominancia de documentos confidenciais de carácter militar do exército USA ou da CIA, pero tamén algún documento político como este resumo do diálogo dunha reunión Bush-Aznar en febreiro de 2003 antes da invasión de Iraq, coa Condolezza de guinda do pastel da reunión: http://en.wikipedia.org/wiki/Bush-Aznar_memo .

Lamentablemente non hai fotos nin arquivo sonoro, de maneira que non podemos saber se Aznar tiña os pés sobre a mesa e xa falaba con acento texano, ou é que aínda non se soltou o pelo."

sabado 23 febreiro 2008

En Curiosidades | Sen comentarios | Permalink