100 gaiteiros
A marca de whisky convocou un certame de música que permite darse a coñecer a grupos que soan incriblemente ben para estar no lado escuro.
Escoitade as maquetas, é sorprendente a súa calidade, ademais descubriredes que preto da vosa casa hai virtuosos da música agochados nos tugurios mais insospeitados.
Persoalmente chamoume a atención "Few days later" un grupo de Punk Rock de Lugo que soan xenial.
O mais votado poderá editar o seu propio disco, e cos 12 grupos mellor clasificados se fará un concerto que promete ser espectacular.
domingo 27 xaneiro 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
Steamtreehouse
Un grupo de artistas de Oakland fixeron a súa particular homenaxe as arbres construindo esta "casa" de mais de 30 metros de altura utilizando materiais reciclados.
Esta escultura interactiva estase a convertir nun icono para a reivindicación de unha relación do home e o medio ambiente solidaria e respetuosa.
Enlaces:
Steamtreehouse
Flickr
domingo 27 xaneiro 2008
En Arte | Sen comentarios | Permalink
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS