Game Over

Guillaume Reymond é o artista responsable da creación de estes "video performances" baseados nos primeiros xogos de consola que apareceron no mercado, fundamentalmente das "tragaperras", xa que eran impensables os actuais softwares para Playstation, Xbox, etc. Hoxe, que me preocupo polo poder adictivo que exerce o "War of Warcraft"  sobre os meus fillos, recordo o enganche que eu tiña a estas aplicacións prehistóricas, só comparable ao das "máquinas de petacos" (pechando os ollos, aínda podo escoitar os impactos sonoros da boliña de aceiro nas setas, sentir o pracer de conseguer partida extra e a inesquecible complicidade de xogar a dobres coa rapaza que che facía "tilt"). 

;

Non vos perdades os outros videos, o traballo é increíble. (incluída a música de fondo)

xoves 10 xaneiro 2008

En Arte | 2 Comentarios | Permalink