Fin de "R"

Sona un pouco apocalíptico, tendo en conta que estamos a punto de festexar o Samain, pero eu estou farto. Levo sendo cliente de "R" dende o seu nacemento, e fun queimándome pouco a pouco ata chegar a hoxe. Tomei a decisión de cambiar de compañía, pásome a Jazztel, supoño que non vos poderei contar aquí as bondades e miserias da miña nova adquisición, porque este servicio de blog teño entendido que é unicamente para clientes, e polo tanto migrará conmigo. Pero nun principio ofrecenme 16Mb mínimo de baixada e 1Mb de subida, fronte os 9 Mb de baixada e 600kb de R (aínda estou esperando a que me conecten a 9 Mb). O prezo 50 euros IVE incluído con Línea + chamadas gratis + Router inalámbrico gratis.  Fronte os 70 euros IVE incluído de R. Se  engadides que permiten a suspensión temporal do servicio totalmente gratuita por un tempo de ata 6 meses, a historia esta clara. Chao R.

martes 30 outubro 2007

En Xeral | 2 Comentarios | Permalink