Zeteticismo
Non coñecía eu o "zeteticismo", un palabro que se refire á aproximación crítica, non dogmática, pero con mente aberta e curiosa, sobre diversos fenómenos, teorías e hipóteses non ortodoxas dentro da ciencia. Hai uns días recibín un correo dun amigo comentándome que Rosa, a súa dona, sorprendeuse ao atoparse na rede nun vídeo que lle fixeron nunhas xornadas naturistas no que, na súa particular loita contra o pensamento único, falaba sobre a vacina do virus do papiloma humano. Remexendo no blogue atopei este fragmento dunha entrevista a Luc Montagnier no que mantén que o VIH podería ser eliminado do organismo polo propio sitema inmunolóxico, unha idea que eu xa tiña escoitado hai mais de 15 anos a outros membros da comunidade científica pero que permaneceu "inexplicablemente" silenciada, a orientación das investigacións cara ao desenvolvemento de anti-retrovirais son só unha das vías para combatir a SIDA, seguramente a mais rendable en termos económicos para as multinacionais de farmacia, pero non a única. Un pouco de zeteticismo non nos viría nada mal.
venres 19 febreiro 2010
En Xeral | Sen comentarios | Permalink
Enviar un comentario
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS