XIX Jazz

Comezou o XIX Festival de Jazz de Lugo, 19 anos de luxo asiático na nosa cidade, onte recuncou no Círculo Roy Hargrove, un trompetista de 40 anos que parece estar vivindo a séptima reencarnación pola súa virtuosidade interpretativa. Un chulo que pasea polo escenario coa arrogancia do que se recoñece a sí mesmo como un deus menor e que se fai acompañar por 4 músicos excepcionais, eu alucinei con Justin Robinson, un saxofonista impecable que estou seguro de que se colará no olimpo dos Jazzman. Os concertos de Jazz posúen unha maxia inexplicable, o clima que se respira produce unha especie de catarse colectiva, unha sensación de complicidade co grupo que te fai sentir ben, moi ben. Quedannos 2 xoias Kurt Elling e Kenny Barron, só con pensalo sorrío.

mércores 11 novembro 2009

En Música | 2 Comentarios | Permalink




Comentarios

Sentín esa máxia que se desprende da complicidade entre dous músicos que se entenden coa mirada e cos xestos cando deciden navegar a través da improvisación que move a esencia do jazz.Tal vez era o escenario perfecto para que esa maxia funcionase.Asistin ó resto de concertos pero non conseguín sentir esa sensación que me envolveu nesa ocasión.Ás veces as expectativas q te marcas chegan a ser inalcanzables provocando a frustración.Non deixarei de soñar coa idea de volver a flotar entre ese sons.

enviado por Trancas o 14 novembro 2009 ás 11:34 AM CET #

Cada concerto é unha experiencia vital, seguramente a maxia entre Roy e Justin sexa irrepetible, esa sincronía nas improvisacións non é doado alcanzala, como ocorre cos libros, o malo dos bos concertos é que che impiden disfrutar dos mediocres, pero tranqui trancas a memoria auditiva desvanecese con facilidade.

enviado por orso o 14 novembro 2009 ás 02:08 PM CET #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado