Tres vidas de santos

Últimamente teño pouco apetito literario, tenme ocurrido mais veces e non sabería decir cal é a causa, eu o atribúo a algún libro atravesado ou a presbicia característica da proximidade aos dez lustros, nestes casos espero con paciencia a chegada dalgún redentor que volva a comprometerme coa lectura, e aí está Don Eduardo con "Tres vidas de santos", 3 relatos curtos que non engarzarían nun mesmo volumen nin por arte de maxia, agás por esa definición da santidade que Mendoza inventa no prólogo atribuíndo a cada un dos protagonistas unha mestura de xenialidade e tolemia, propia dos que transitan polas zonas mais oscuras do espíritu. Eu quédome con "el malentendido", unha historia de humor carcelario onde aparecen reflexións sobre a literatura tan brillantes como esta: "Forma y nada más...las leyes sencillas pero insoslayables que hacen que un escrito signifique algo más que manchas sobre un papel: la estructura del relato, el tamaño del párrafo, la longitud de la frase, la música interna de las palabras cuando se combinan entre sí, y el ritmo del conjunto. La estrategia con que se disponen todos los elementos". Mira ti onde vai estar a orixe da miña anorexia literaria, na forma.   

mércores 17 febreiro 2010

En Literatura | 1 comentario | Permalink




Comentarios

Sei Perfectamente o que é esa desazón literaria da que falas e tampouco sei a que se debe, porque tanto podes ter unha época en que devoras como outra na que te anclas e non das saído.Proba a facelo con rigor, a unha hora e márcate un número de páxinas é coma se alguén te acompañase e che axudase a seguir . Cando te dás conta tas ahí.Non che é a presbicia é a cabeza que a certas edades...Se non é un libro elixe unha cervexa para esas horas amorfas e sen fin.Un saudiño

enviado por AFADA o 17 febreiro 2010 ás 04:52 PM CET #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado