Sonate vom guten menschen

Finalmente vin "La vida de los otros", extraordinaria.
Este é o fragmento no que  Sebastian Koch recorre ao regalo do seu amigo Jerska, para afogar a pena polo seu suicidio. Trátase da partitura "sonata para un bon home", a música provoca unha súbita mutación no axente Ulrich, que nese intre rompe os seus ríxidos e dogmáticos esquemas para sucumbir ante a beleza da arte.


Estiven buscando a correlación entre este tema e a Sonata Apassionata de Beethoven que menciona cando di "é imposible que as persoas que oigan esta música non sexan boas, o mesmo Lenin dixo da Apassionata que si seguía escoitándoa non faría a Revolución". Pois ben, non se trata de ningún fragmento da obra, a música foi composta por Gabriel Yared e o actor Georg Dreyman aprendeu a tocar o piano para poder realizar a interpretación neste clip.

luns 28 xaneiro 2008

En Cine | 4 Comentarios | Permalink




Comentarios

Moitas grazas por esta melodía!

De Gabriel Yared non se poden perder as BSO do paciente inglés e do talento de Mr Ripley...

enviado por ratoncito o 29 xaneiro 2008 ás 09:39 AM CET
Sitio web:: http://ratoncito.blogs-r.com #

Completamente de acordo,trátase de un xenio da composición. Parece que utiliza unha metodoloxía moi particular onde mestura unha parte composta sobre o guión previo e outra sobre a marcha a medida que se vai traducindo en imaxes, os resultados son formidables.

enviado por orso o 29 xaneiro 2008 ás 11:15 PM CET #

Es agradable contemplar como un arte invita a otro.Pero...ahora que se os han subido las notas a la cabeza, reivindico una segunda parte de la peli donde la vida de los secundarios adquiera más protagonismo. Quedé prendada de todos ellos,de su singularidad y su fuerza.

enviado por mages o 30 xaneiro 2008 ás 12:23 AM CET #

Pero había secundarios?

enviado por orso o 30 xaneiro 2008 ás 03:11 PM CET #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado