Ricardo Galvao

Xa teño deixado algún posT relacionado coa caricatura, teño debilidade por esa forma de arte, responde a unha cualidade innata para percibir e transformar a realidade que só posúen uns poucos elexidos, é o caso de Ricardo Galvao que se tomou a molestia de debuxar aos protagonistas do mundial. Algúns xogadores están logradísimos. Sinxelamente xenial.

xoves 15 xullo 2010

En Arte | 4 Comentarios | Permalink




Comentarios

Gañou a selección, gañou a selección!! Arriba España!

http://www.youtube.com/watch?v=vBKJ1wlzTQU&feature=player_embedded

enviado por Santi o 17 xullo 2010 ás 11:15 PM CEST #

Si Santi ao pobo "pan e circenses" pero que lle queres...

enviado por orso o 18 xullo 2010 ás 08:31 PM CEST #

Encantoume ler este post.O do debuxo é unha obsesión?

enviado por Rom o 19 xullo 2010 ás 08:00 PM CEST #

Non Rom, o debuxo é unha das miñas asignaturas pendentes. Unha desas cousas que resultan inquietantemente fermosas e que te fan sentir un tipo vulgar.

enviado por orso o 19 xullo 2010 ás 11:52 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado