Rapsodia Gourmet

Carezo desa visión cenital dos xogadores de xadrez que son capaces de analizar a realidade dende a perspectiva dos deuses, por iso cando atopo xente que posúe ese don xenial da análise misturado cunha meticulosidade descriptiva desproporcionada, sinto unha envexa triste, a de quen pasa pola vida a velas vir, sen pena nin gloria, alleo, por exemplo, á sutil delicadeza da arte culinaria. Muriel Barbery escribiu "Rapsodia Gourmet" aos 31 anos, esta muller, que amosa unha madurez sorprendentemente prematura, cociñou un novela baseada na procura do sabor perdido, unha sensación, seguramente primixenia, que levamos instalada na nosa memoria enmascarada por unha base de datos gastronómicos que a fan tremendamente escurridiza como para poder tomar conciencia do seu poder. Eu lembro un gusto embelesador para acomparme na morte, pero non teño pensado morrer.

martes 07 setembro 2010

En Literatura | 1 comentario | Permalink




Comentarios

Din que os recordos sensitivos son os últimos en esquecerse.De feito un aférrase a eles nun intento de que non se desvanezan no tempo.Evocalos certos días fan sentir a súa presencia e ó anoitecer mécente nun doce sono.

enviado por Antaviana o 10 setembro 2010 ás 06:16 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado