O afinador de pianos

Opera prima de Daniel Mason, licenciado en bioloxía e menciña que debutou como escritor aos 25 anos con "El afinador de pianos", unha obra insospeitadamente adulta na que relata, con un ritmo narrativo orientalizado, unha viaxe pola Birmania de finais do seculo XIX. Da delicadeza da súa escritura infirese que este home formará parte da excelencia literaria dos autores contemporáneos, pero para o meu gusto faltalle moito rodaxe. Coa lectura lembrei "Seda", unha delicatessen de Alessandro Baricco na que resolve coa cuarta parte de páxinas unha historia de amor e paixón desbordante de sensualidade, e tamén "Apocalypse Now", a persoaxe de Carroll semelloume unha réplica do Coronel Kurtz.
Este libriño hai que collelo con calma e retozar con algún dos seus capitulos, a idea é realizar unha especie de viaxe a Itaca onde o que importa é o camiño e non a chegada. Recomendable.
El clave bien temperado Fuga nº4 de Bach.

xoves 19 agosto 2010

En Literatura | 3 Comentarios | Permalink




Comentarios

Aunque lo leí hace algún tiempo coincido. Tambien me llevó a Seda y...seda es seda.

enviado por MAGES o 28 agosto 2010 ás 03:37 PM CEST #

Vaia,eu tamén leín Seda.Que coincidencia!Creín que o azar nos unía en díxitos pero vexo que tamén o fai coa lectura.Nos creemos especiales cando nos descubren unha novela que creemos única e logo resulta que formas parte da lista de espera de best sellers.Pouca seda para demasiado sedal

enviado por Marta o 28 agosto 2010 ás 11:19 PM CEST #

El acercamiento a la literatura es como el de algunos enamorados, que tienden a creer que son descubridores de preciosos parajes desconocidos cuando en realidad todo ha sido previamente colonizado. Una tristeza.

enviado por Dani o 29 agosto 2010 ás 11:25 AM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado