Mudando paradigmas


Xa deixara un post dunha conferencia maxistral de Ken Robinson reivindicando a creatividade como ferramenta indispensabel do proceso educacional, hoxe atopei este inusual video clip no que se traduce en imaxes o seu discurso respecto das patoloxías asociadas aos actuais modelos paradigmáticos dos sistemas educativos, algunhas apreciacións son cuestionabels, pero en termos xerais tanto o contido como a forma son dunha brillantez desproporcionada.

venres 22 outubro 2010

En Educación | 2 Comentarios | Permalink




Comentarios

Bestial.
Teriamos que deprimirnos todos aqueles adicados ó tema educativo ou nos deixa algunha esperanza?
As veces,mantéñome creendo en quimeras coma a vocación,recreándome no traballo feito con ganas e na resposta de agradecemento q certos receptores che ofrecen algúns días.
"Segue sendo un pracer ese soño aínda que, en ocasións , non compense a tortura que suscita a súa vixilia".E ti?

enviado por Antaviana o 23 outubro 2010 ás 12:22 PM CEST #

Respecto á esperanza son escéptico, as reformas do sistema educativo son tímidas e sen consenso, a actitude de resistencia ao cambio dos docentes, parapetados detrás de programacións ancestrais que cheiran a rancio, tampouco resulta moi propicia para mudar paradigmas, asi que non lle vexo moita solución ao tema, tal vez a iniciativa persoal dalgúns iluminados provoque movementos de reflexión sobre o que verdadeiramente ten importancia na escola. O desenvolvemento , por exemplo, das habilidades comunicativas, da creatividade, do xuízo crítico… están subxugadas a unha compartimentación do coñecemento que nadie cuestiona, aceptamos como “razoables” as aprendizaxes das linguas ou das matemáticas cunha beatitude fundamentalista que nos impide afrontar a instrución dende outra perspectiva, son rutinas que o propio sistema se encarga de perpetuar para manter o seu equilibrio.
Soñar é necesario.

enviado por orso o 24 outubro 2010 ás 12:05 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado