Movemento Fon

No ano 2006 comecei a escoitar falar de esta iniciativa do gurú das telecomunicacións Martín Varsavsky, a filosofia era simple, crear unha rede global de conexións inalámbricas compartidas; una rede segura construida polos usuarios e para os usuarios. Para elo cada un ofrecería gratuitamente unha parte do seu ancho de banda para ser usado libremente por quen estivera no seu alcance, un servicio wifi con cobertura mundial. Hoxe o proxecto é unha realidade, Fon xa permete disfrutar dun acceso de calidade á rede e cunha cobertura cada vez mais ampla, os requisitos son mercar unha "fonera" ou un "pase fon".
Seguramente con un exercicio colectivo de solidariedade poderíase prescindir de esta infraestructura, eu son dos que teño "aberto" o meu router wifi, e ti? 

mércores 11 xuño 2008

En Informática | 2 Comentarios | Permalink




Comentarios

Que interesante o da comunidade Fon. Ademais en Lugo hai un montón de usuarios, algo que cabe mencionar para que a xente se anime a ampliar esta rede wifi a escala mundial. Eu serei o seguinte.

Ata a próxima Masa meu!

enviado por santi o 12 xuño 2008 ás 04:03 PM CEST
Sitio web:: http://www.youtube.com/user/santgilbert #

Tes razón, esquecera facer referencia concreta a cobertura en Lugo.
Por certo, xenial o vídeo que colgache no blog de masa crítica (hoxe deixo o enlace en ligazóns), eso sí, todos corpos "danone".
Saúde.

enviado por orso o 13 xuño 2008 ás 11:08 AM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado