La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey

Rematei este libriño facendo un esforzo encomiable, de feito tiven que ir simultaneando a súa lectura cos "Cuentos completos de Oscar Wilde" para ir dixerindo pouco a pouco ista obra menor, que ten como novidade o estar escrita de xeito epistolar, pero que chega a resultar cargante polo reiterativo do seu argumento. Trátase dunha aproximación histórica á ocupación nazi na illa de Guernsey describindo os avatares dos habitantes dunha aldea que sofren a súa particular opresión fascista, a idea e misturar a idiosicrasia do persoaxes con retazos do holocausto pero sen chegar a causar ningún atractivo na lectura. Quédome cunha frase: "O problema de ler bos libros é que che impíde disfrutar dos malos". Unha obra absolutamente prescindible.

martes 27 outubro 2009

En Literatura | 2 Comentarios | Permalink




Comentarios

Vaia! pois parece que este ano imos coincidir en lecturas jajaj eu inda non o lin pero chamoume moito a atención poque pasei un verán enteiro na illa ... tomareino pois con filosofía cando o empece a ler... eu ando a voltas cun ensaio de Teresa Moure "O natural é político" e inda que ela me encanta, o ensaio faise arduo para ler sen outra cousa polo medio tamén, así que ando simultaneando con "El club de la buena estrella" de Amy Tang...

enviado por Fasedoira o 28 outubro 2009 ás 09:55 AM CET
Sitio web:: http://www.fasedoira.blogspot.com #

Bueno, tal vez me pasei un pouco na crítica, estou seguro de que tendo visitado Guernsey as sensacións son outras, ademais parece que son o único ao que non lle convenceu o libro, ten ata un blog de seguidores/as...Non me fagas moito caso e disfrutao. Eu comecei hoxe con "La ternura de los lobos", por si queres seguir compartindo lecturas... xa che contarei.

enviado por orso o 28 outubro 2009 ás 12:15 PM CET #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado