La carretera

Non tiña lido nada de Cormac Mccarthy, sabía que era unha das deidades da literatura contemporánea e que foi o autor de "No es país para viejos", que levaron ao cine os irmáns Coen (dos que me declaro "grupi"), pois ben, a semana pasada pasáronme a súa última obra "La carretera" , un Pulitzer mistura entre a novela e o ensaio, que dous días despois de tela rematado aínda me ten  sobrecollido. Unha viaxe a través da desolación e cara a ningunha parte, onde a supervivencia aparece como unha pulsión innata que nos fai permanecer absurdamente vivos. Un relato que por momentos resulta raiante, e gris, como a cinza que o recubre. Decididamente necesito unha lectura que me reconforte porque esta deixoume baldado.

domingo 21 xuño 2009

En Literatura | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado