Etiopía

O CPI de Castroverde (Lugo) acolle estes días a exposición itinerante da fotógrafa Mª Luz Doval, que no ano 2006 fixo un percorrido por Etiopía recollendo imaxes das tribos do país, os Hamer, os Arboré...  Homes e mulleres que amosan unha cultura que parece resistir a globalización.

"As veiras do río Omo está un poboado Galeb. Unha planicie polvoríñenta na que cae o sol a chumbo. Os Galeb e os Dasane son agricultores e pastores..."

Trátase de un traballo de campo con valor antropolóxico que posúe unha beleza didáctica.

sabado 23 febreiro 2008

En Educación | 3 Comentarios | Permalink




Comentarios

Unha boa idea por pare do colexio de albergar exposicións cada certo tempo.
Triste que no concello non existe ningún outro lugar para elo...
Boa entrada, e coidadoso blog. A seguir así¡

enviado por Tino o 25 abril 2008 ás 12:22 PM CEST
Sitio web:: http://masoucos.blogaliza.org #

Moitas grazas polo teu comentario. Son da opinión de que os centros educativos deben ser permeables á realidade cultural, educar ten unha implicación moito mais ampla da que delimitan os currículos das áreas, a escola ten que cumprir unha labor social promovendo a participación activa de toda a cidadanía isto, que parece unha utopía, conseguese a través da programación de actividades que abran a escola ao seu entorno. Respecto ás carencias dos concellos, creo que se fai necesario a optimización dos recursos cos que contan, de xeito que a utilización dos espazos non sexa restrinxida pola institución á que pertencen, a escola é do pobo e terán que artellarse os medios para dispor de este espazo colectivo na promoción da cultura e no acceso ao coñecemento.
Saúde.

enviado por orso o 26 abril 2008 ás 06:31 PM CEST
Sitio web:: http://apnea.blogs-r.com #

Moi boa reflexión, sen dúbida. Non estou a dicir que sexa un erro que a exposición se poida ver no colexio para nada, é unha idea moi boa, e que outros colexios deberían imitar. No tocante os concellos, en concreto o de Castroverde, debería buscala fórmula para promocional cultura, nalgún local social, ou algún lugar común. Achegar a cultura a xente de a pé.

enviado por Tino o 13 maio 2008 ás 09:57 PM CEST
Sitio web:: http://masoucos.blogaliza.org #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado