Dime quen son

As vacacións son propicias para atacar tochos que sobrepasan as mil páxinas, a mín gústanme os libros longos, aínda que deixan unha sensación de formigueo nos dedos de tanto termar deles, un xeito como outro calquera de exercitar a musculatura. "Dime quien soy" pesa, sobretodo nas primeiras páxinas que parecen de novela moxigata e carentes de atractivo, pero a medida que te introduces na historia engancha coa mesma potencia que esas telenovelas de tramas interminables, o libro ten algo de cinematográfico, un repaso á memoria histórica dende os preámbulos da guera civil española ata a caída do muro de Berlín desenvolvidos a través da vida dunha muller que se move entre o costumbrismo da época e a intrépida vida dunha "007". Julia Navarro escribe cunha simplicidade que raia o pueril a cambio de facilitar a lectura, unha virtude que se agradece con metraxes de este calibre.
Postos a comparar eu quédome con "El corazón helado" de Almudena Grandes pero non deixo de recoñecerlle o atractivo a esta bestial historia. Recomendable.  

xoves 05 agosto 2010

En Literatura | 2 Comentarios | Permalink




Comentarios

Lo tengo entre mis últimas adquisiciones, pero todavía no me he puesto con él. Me encanta Julia Navarro. Tengo ganas de hincarle el diente a este tocho.

enviado por PYT o 12 agosto 2010 ás 02:55 AM CEST
Sitio web:: http://personalytransferible.mundo-r.com #

Eu estreneime con este. Si tes algunha suxestión da obra anterior faima, estou comezando "el afinador de pianos", en canto o remate terei que facer unha incursión na librería para buscar material.

enviado por orso o 12 agosto 2010 ás 10:53 AM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado