Chrome

Moito ruido e poucas noces. Independentemente do deseño, que garda unha evidente afinidade coa estética microsoft, este navegador non aporta ventaxas na funcionalidade respecto doutros competidores, eu xa me declarei "Operadicto", e de recoñecer a supremacía dalgún outro inclinaríame por Firefox. Respecto á rapidez de carga das páxinas, a optimización do consumo de memoria RAM, e as posibilidades de personalización non lle aprecio ningunha mellora.
A novidade técnica máis importante consiste en vincular cada pestana do navegador a un único proceso do sistema operativo. De xeito que, no caso de que unha páxina se colgue, o navegador non se pecha. 
Polo demais, Chrome é inmellorable para a promoción da amplia oferta de aplicacións Google: Picasa, Gmail, Googlemaps, Gears, etc. Tería delito que dera problemas cos da casa.
En fin, que non acaba de convencerme ata o punto de quebrantar a miña fidelidade.
Descargar Chrome Beta

mércores 10 setembro 2008

En Informática | 2 Comentarios | Permalink




Comentarios

A min pareceume máis rápido que os da "concurrencia". Non esquezamos que está na fase inicial de desenvolvemento (Beta: Só levan 2 updates)
NOTA: Firefox está subvencionado por Google!!! (Ciberpaís 11/09/08)

enviado por Xabier R. o 11 setembro 2008 ás 07:08 PM CEST #

Vale. Concedolle o beneficio da duda ata a versión definitiva. Non o desinstalarei.

enviado por orso o 11 setembro 2008 ás 11:18 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado