Buscas

Teño escoitado mil veces que Google utiliza uns motores de búsqueda dunha potencia inimaxinable, os algoritmos para o cálculo do Page Rank convertirono no "buscador" mais utilizado do mundo deixando obsoletos aos Yahoo, Altavista, etc., que xunto ao underground "Astalavista", foron protagonistas dos meus inicios como internauta. A estas alturas a sensación de supremacía googeliana é tan abasalladora que comeza a resultarme ata antipático, queixome, por exemplo, da escasa especificidade nas buscas e da ausencia de fiabilidade respecto dos resultados propostos, estas cousas que parecen pasar desapercibidas para o xigante, tivéronas en conta os deseñadores de Wolfram Alfa, unha base de datos do coñecemento que, aínda que non se pode entender como un "buscador" no sentido estricto, parece unha boa alternativa ao monopolio Google. Wolfram Alfa responde a calquera pregunta que lle fagas a través de contidos enciclopédicos revisados por un equipo de expertos en cada materia (como unha Wikipedia fiable), polo momento está dispoñible únicamente en inglés pero ten boa pinta. Outra opción esta no Bing de microsoft un buscador que ten no punto de mira a Google para erixirse na súa alternativa, estes días ando manexando a versión Beta en español que parece non ter nada que ver coas funcionalidades das que dispoñen os usuarios de fala inglesa, asi que teremos que esperar para disfrutalo en plenitude, en fin, que a competencia é sanísima.

sabado 06 xuño 2009

En Informática | 1 comentario | Permalink




Comentarios

A verdade é que da un pouco de medo pensar no control que google ten hoxe en día sobre o fluxo de información en internet.
Quen nos ía dicir que Microsoft ía ser indespensabel para loitar contra un monopolio!!

Non conhecía o bing, obrigado polo descubrimento

enviado por W. Sobchack o 07 xuño 2009 ás 03:31 PM CEST
Sitio web:: http://cccp.blogaliza.org #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado