Brett Dennen
Son fan de House, pareceme unha das series mais atractivas da historia da televisión, o seu irónico sentido do humor, a mala leche dos diálogos, que son un derroche de imaxinación do equipo de guionistas, e os actores, comezando por Hugh Laurie, convértena nunha das mellores producións televisivas que se fixeron ata hoxe. Pero, e que ademais está a música, a BSO de House non ten desperdicio, entre a cantidade brutal de temas cos que nos obsequian, escollín para o post a Brett Dennen, un tipo novo, branco e pelirroxo que ten un deixe negro na súa voz semellante ao de Amos Lee. Gozádeo.
martes 29 xaneiro 2008
En Música | Sen comentarios | Permalink
Enviar un comentario
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS