Books

Ando metido nun proxecto para a mellora da biblioteca do centro onde traballo, parece que a primeira fase consiste en facer unha criba dos libros considerados cadáveres para facerlles sitio ás novas adquisicións, un proceso "inquisitorial"  tristísimo que imos ter que resolver da mellor maneira posible, ocórrensenos varias alternativas antes da opción do reciclado ou da mais sinistra solución de aplicarlles 451º Fahrenheit, como non existe o cemiterio dos libros esquecidos que inventou Zafón, as opcións que estamos barallando pasan por contribuír ao proxecto "Ágora" de Cumulum, facer unha "performance" no pobo ao estilo de "Luzinterruptus", un mural literario, ou convertelos en esculturas como as de Paul Octavius. Agradécense ideas para restaurar a dignidade dos condenados a morrer.

xoves 11 marzo 2010

En Educación | 4 Comentarios | Permalink




Comentarios

Fala con algunha Diputación, Concello, Fundación ou similar. Cada ano gastan moreas de diñeiro en publicar memeces incolocables e seguro que coa súa gran experiencia no asunto poderán aportar moitas ideas ó respecto.

enviado por Marcus o 12 marzo 2010 ás 09:17 AM CET #

pensasteis en liberalos?

enviado por fuji o 12 marzo 2010 ás 12:10 PM CET #

:)
Moi bo o da Deputación Marcus, na miña vida conseguín ler un libro editado por ela, a saber que fan cos excedentes de produción.
Fuji si se che ocurre algunha idea para liberalos...sen folgas de fame.

enviado por orso o 12 marzo 2010 ás 03:23 PM CET #

En CUMULUM serán ben recibidos...escríbelle a Luz luzdarriba-AT-hotmail-DOT-com e senon a opción libertad é interesante o "bookcrossing" axuda :)

enviado por cris o 13 marzo 2010 ás 05:22 PM CET
Sitio web:: http://hagocosas.blogspot.com/ #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado