A tenrura dos lobos
"La ternura de los lobos" é a opera prima de Stef Penney unha licenciada en filosofía e cc do cine que sorprende no seu debut literario pola extraordinaria calidade narrativa da súa primeira obra que semella asentada en lustros de escritura. Cando Paloma me pasou a novela advertiume que era un "libro de inverno", deses que disfrutas no sillón, coa mantiña, un café e o son da choiva nos cristais. A historia discorre a finais do século XIX, coa búsqeda do responsable dun crime perpetrado nunha aldea remota ao norde do Canadá, entre paraxes nevados que transmiten o frío, e a descrición da dura existencia dos primeiros colonos que se asentaron nesas terras, onde adquire protagonismo a tenacidade dunha muller, cunha coraxe de ferro, que emprende unha viaxe na procura do seu fillo.
Recomendable.
sabado 14 novembro 2009
En Literatura | 4 Comentarios | Permalink
Comentarios
Enviar un comentario
-
Galerías
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
-
RSS
a mi tambien me lo puso mi profe de ingles y ya vi el video que me enviaste.gracias
enviado por uxiacs o 15 novembro 2009 ás 12:52 PM CET #
Teño o sillón, a mantiña e a choiva nos cristais pero fáltame a lectura axeitada para desfrutas dun fin de semana largo e soñar. Recomendas ésta/as?
enviado por Tasiña o 15 novembro 2009 ás 01:37 PM CET #
Esta non é lectura de fin de semana, a tenrura dilátase algo mais no tempo, para unha fin de semana eu escollería, por exemplo, algo de Sepulveda ou Baricco, para unha semana, algo de Italo Calvino, para un mes a Eduardo Mendoza, Montalván, ou Henning Mankel, e para unha vida a Jose Luis Sampedro.
Aínda que escoller a alguén para toda unha vida é un risco innecesario, "Un viejo que leía novelas de amor".
enviado por orso o 16 novembro 2009 ás 02:06 PM CET #
Mmm, José Luis Sampedro. Sabio caballero.
enviado por PYT o 17 novembro 2009 ás 12:25 AM CET
Sitio web:: http://personalytransferible.blogs-r.com/ #