A taberna do cervo branco

Hai uns días fun mercar un libro para o meu fillo maior, ten preto dos 16 anos e non acaba de desenvolver o gusto por ler, non é de estranar tendo en conta os infumables textos que lle suxiren na escola, pero non vou arremeter contra o profesorado de linguas e literaturas, estou seguro de que non só se trata de unha cuestión de gustos.
A cousa foi que recordei que mais ou menos a isa idade eu tiña lido algúns libros que me deixaron unha pegada indeleble na memoria, seguramente estean perdidos por algún recuncho da miña casa ou na de algún amigo, antes era moi frecuente deixalos prestados, como os vinilos, e podo xurar que nese intercambio de propiedade intelectual eu saín perdendo. O caso é que decidín engadir á lista da compra "Os contos da taberna do cervo branco" de Arthur C. Clarke, O contacontos Harry Purvis foi o meu compañeiro de soño durante os días que adiquei a léelo, e instalouse de tal xeito no meu miolo que aínda podería lembrar algunhas das 15 historias inverosimiles que narraba. Hoxe voltei a reléelo coa ilusión de que non houbera perdido a forza de sedución coa que me capturou hai 30 anos, e teño que decir que os meus gustos literarios maduraron pouco, seguen sendo un conxunto de relatos de fición excelentes, o seguinte, outro que tampouco atopo na miña biblioteca, será "Estou en Porto Marte sen Hilda" do mestre Asimov e se teño ánimo seguirei coas "aventuras de Arthur Gordon Pin" de Poe, "As montañas da locura" de H.P. Lovecraft...   

domingo 03 febreiro 2008

En Literatura | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado